“Bamboleo” contará coa presenza do cantante Raúl e da banda Soultrain

Bamboleo. / CRTVG
Bamboleo. / CRTVG

Cara ao final da noite chegarán, sen dúbida, os momentos de maior tensión e tamén os máis divertidos.

“Bamboleo” contará coa presenza do cantante Raúl e da banda Soultrain

Bamboleo” contará este sábado cun clásico da verbena galega, a orquestra Acordes, que naceu sendo unha formación familiar e que en boa parte segue conservando ese espírito.

O artista convidado desta semana é un amigo do programa, o gran Raúl, que presentará un novo tema e interpretará grandes éxitos de sempre. O grupo galego que visitará o programa será Soultrain, unha banda santiaguesa que recrea en galego ritmos como o soul, funk e a música disco.

Na sección de baile estarán Adrián e Noe, unha parella cunha ampla traxectoria no mundo do baile, que se xuntou especialmente para centrarse no ensino. Ademais, Samuel, un rapaz moi novo que é un auténtico crack adestrando cans, fará un espectacular número de Agility co seu can, Asmoán.

Cara ao final da noite chegarán, sen dúbida, os momentos de maior tensión e tamén os máis divertidos, porque chegará a “ITV do amor”. @GaliciaMundiari

“Bamboleo” contará coa presenza do cantante Raúl e da banda Soultrain
Comentarios