Aquelas anguías do río Ulla

Estuario del río Ulla. / turismoriasbaixas.com
Estuario do río Ulla. / turismoriasbaixas.com
Cóntanme os amigos da zona do Ulla que non era infrecuente ir a collelas ao rio varias veces ao ano.
Aquelas anguías do río Ulla

Fai ben tempo, aló polos anos 40, as angulas ou meixóns eran moi abondosas en varios rios galegos.

Agora teño entendido que unicamente se poden pescar na desembocadura do Miño.

Cóntanme os amigos da zona do Ulla que non era infrecuente ir a collelas ao rio varias veces ao ano.

Recollíanse  a beira do rio nunha poza feita co sacho sen mais, ou ben pola noite con unha lanterna atraíanse os meixóns, e atrápanse con unha espumadeira ou con “reteles” en castelán, que ven sendo unha rede suxeita a un aro. 

Meu  vello amigo Xosé, profesor de bioloxía retirado, oriúndo daquela zona,  tenme relatado que na súa casa, de cando en vez, e naquel tempo de fames, a súa nai o enviaba a el con outro irmán, a buscalas con un caldeiro de zinc con asa, ao rio 

—Érache un traballo cómodo pero un peixe insípido de raios. Tiñámoslle xenreira tódolos irmáns.

Matar a  “Anguilla, anguilla”, nome científico da angula é un infanticidio absurdo e  ademais unha parvada culinaria.

Miña nai tiña preparada para cando nos regresabamos co medio caldeiro de angulas, (uns tres quilos), a masa, e  a zaragallada para facer a empanada, e, despois de pasarlles unha auga aos peixes, botaba os meixóns,  e pechaba o cadaleito dos mesmos ca tapa da empanada, para os catro fillos, e, ao forno!

—Eu, e mais os meus  irmáns comiamos sen moito aquel, e soñabamos nese xantar con estar probando bacallau, que era o peixe  favorito da miña casa.

—Eu nunca lle atopei gracia algunha as angulas. Meus irmáns tampouco.

Saber saben  case unicamente ao que acompaña as mesmas, allo, chile, aceite e pouco mais.

Díxenlle, por non estar calado, a Xosé, que hoxendia ao que saben é a euros... E cando lle comentei que andan polos 500 ou 1000 o quilo me contestou:

—Mira Luis, a única verdade gastronómica das angulas e deixalas crecer, e despois con  unha  ou dúas anguías grandes ben cortadas en anacos,  engadirlle manteiga, cebola, azafrán, sal e limón, e levalas ao forno, ate que estea tostada a masa.

—Moitas persoas teñen gustos moi caros, en cabezas valeiras. Non si? 

Non lles importa seren enganadas no prezo e na mercancía con tal de presumir  diante dos seus amigos que as angulas saben ben, porque as comen  eles e as pagan a eses prezos...

O Xosé quedou en me preparar unha empanada de anguías estilo Vedra para curar a miña, segundo el, alienación capitalista da mala cociña en tempos de inflación.

Xa vos contarei. @mundiario

Comentarios