Antón Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas o ano 19

Antón Fraguas. / Mundiario
Antón Fraguas. / Mundiario

Ricardo Carvalho Calero tampouco será protagonista do Día das Letras Galegas. Impúxose ao autor de Scórpio Antón Fraguas, historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que foi membro de entidades culturais como o Seminario de Estudos Galego e director do Museo do Pobo Galego.

Antón Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas o ano 19

No ano 2019, Ricardo Carvalho Calero tampouco será protagonista do Día das Letras Galegas. Impúxose ao autor de Scórpio Antón Fraguas, historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que foi membro de entidades culturais como o Seminario de Estudos Galego e de institucións como a propia Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega. Foi director do Museo do Pobo Galego.

O plenario da Real Academia Galega que este sábado decidía entre Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero a figura homenaxeada co Día das Letras 2019 rematou sen sorpresas: o "galego popular" do de Cotobade impúxose ao reintegracionismo do ferrolán, interpreta Sermos Galiza.

Segundo Víctor Freixanes, presidente da RAG, "a Academia este ano escolleu a reivindicación da memoria popular, da cultura e a lingua do pobo, que se fala desde abaixo". Caracterizou Antón Fraguas como "unha das persoas que máis tempo dedicou a recoller, sistematizar e coñecer esa riqueza que foi onde a lingua resistiu durante séculos". @mundiario

Antón Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas o ano 19
Comentarios