Ana Pontón reprocha a Feijóo que non concrete os proxectos de Next Generation en Galicia

A voceira nacional do BNG insta aos galegos a participar na manifestación do 25 de xullo por unha Galicia sen límites nin ataduras.
Ana Pontón, na TVG, entrevistada por Fancisco López Iglesias. / Mundiario
Ana Pontón, na TVG, entrevistada por Fancisco López Iglesias. / Mundiario

Ana Pontón, voceira nacional do BNG, foi entrevistada esta mañá no informativo Bos Días da Televisión de Galicia, onde fixo un balance sobre a actualidade galega. A voceira do BNG amosou a súa preocupación ante a falta de información por parte do Goberno galego sobre o uso dos fondos europeos Next Generation e deixou claro que o deseño centralizado destes fondos “vai contra os intereses de Galicia”.

A cuestión da enerxía e dos seus custos é un dos grandes eixos de acción do BNG nas últimas semanas. A política galega sinalou a pouca implicación do presidenta da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e fixo fincapé no modelo proposto polo BNG no que, dixo, “a enerxía ten que ser un ben público” e ademais “como zona produtora temos dereito a unha tarifa máis baixa”. 

Seguir chantaxeando ás institucións non é o futuro e a fábrica ten posibilidades de facer o traslado se quere, di Ana Pontón sobre Ence

Sobre a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión á fábrica de Ence en Pontevedra, Ana Pontón  asegurou que “quen pon en risco o emprego é a propia dirección da empresa e o Partido Popular”. Nas súas palabras, “seguir chantaxeando ás institucións non é o futuro” e a fábrica “ten posibilidades de facer o traslado se quere”.

O final da entrevista co xornalista Fancisco López IglesiasAna Pontón retomou a preocupación ante a xestión da pandemia: “estamos nun momento no que a saída da crise é unha cuestión central e Galicia ten que ter a súa propia axenda”. En definitiva, Pontón salientou o gran reto que supón a xestión da crise causada pola pandemia da covid-19: “estamos ante a peor crise sanitaria e económica dos últimos tempos e temos que acertar porque está en xogo o futuro”.

Ademais, a voceira nacional do BNG salientou a necesidade dun “autogoberno real para afrontar os retos do futuro” e instou aos galegos a participar na manifestación do 25 de xullo por unha Galicia sen límites nin ataduras. @mundiario

Ana Pontón. / RTVE

Ana Pontón. / RTVE

Quén é Ana Pontón

Ana Belén Pontón Mondelo é a voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG). En febreiro de 2016 trala XV Asemblea Nacional da formación na Coruña converteuse, con 38 anos, na primeira muller en liderar o partido.

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, Ana Pontón é membro do Consello e da Executiva nacional do BNG. É portavoz do Grupo Parlamentario desde febreiro de 2012 . Como deputada na IX lexislatura foi responsable das áreas de cultura, lingua, ordenación do territorio e medio ambiente.

Ana Pontón tamén foi candidata á Presidencia da Xunta nas eleccións do 12 de xullo de 2020. @mundiario

Comentarios