A actualidade e a "Rebelión na granxa" de Orwell

Fragmento de Rebelión en la granja, de George Orwell. / @Dalboyne
Fragmento de Rebelión en la granja, de George Orwell. / @Dalboyne

Escrita fai 73 anos como crítica e análise da corrupción, que xorde trala adquisición do poder, cando este comeza a transformarse en tiranía, é perfectamente aplicable ao día de hoxe.

A actualidade e a "Rebelión na granxa" de Orwell

O outro día un mozo da familia descubriu na miña biblioteca un exemplar do libro de Orwell e unha primeira ollada impulsoulle a pedirmo para a súa lectura. O feito fíxome recordar o seu contido e repentinamente as imaxes dos protagonistas da obra de 1945 superpusieronse sobre feitos e personaxes relevantes destes anos de crise.

Efectivamente, na miña imaxinación o honrado e traballador cabalo Bóxer transformouse nos moi honrados e confiados traballadores que están sendo expoliados sen límite pola banca e demais granxeros. Perdón, especuladores donos do mercado. Certo é que, nun principio, a revolución expulsou ao granxero titular Sr. Jones, papel que na actualidade podería asimilarse a Lehman Brothers, a nivel mundial, ou os dirixentes de Caixa Galicia, en predios máis próximos. Pero, como ocorre nos sucesos do libro, iso está quedando nunha mera anécdota para os sufridos explotados, galiñas e demais productores (comparables cos sufridos cidadáns que viven do seu traballo), que deben traballar máis horas por menos ración. Isto é algo que ignoran os consumidores, ovellas, hoxe asimilables cos moi voluntariamente desinformados e egoístas adictos ao móbil, videoxuegos ou botellón, que terminaran pagando caro os seus excesos do presente e do pasado e, sobre todo, a súa actual falta de reacción ante as inxustizas, que erróneamente creen que só afectan aos outros. A súa factura chegará cando o proceso convértase en irreversible en moitos dos seus efectos.

Realmente todos e cada un dos personaxes do relato literario teñen correspondencia en alguén que exerce o seu rol hoxe en día: os porcos do directorio poden corresponderse fácilmente coas famosas axencias de cualificación, sempre pedindo máis, sempre manipulando máis para levar o beneficio á mesa dos seus socios (incluso as principais coinciden en ser tres), e usando os medios de comunicación, propiedade tamén dalgún dos seus socios especuladores, para ir evolucionando as mensaxes, igual que evolucionaban os mandamientos da historia orwelliana, engadindo ou reinterpretando os mandatos.

O muro de ladrillo blanqueado onde se escribiron os sete mandamientos, hoxe ten paralelismo en potentes medios como televisións, diarios escritos, radios e redes sociais. Medios que, salvo en ocasións heroicas, están controlados por moi poucas persoas e corporacións. Ata o lugar onde invitan a que confesemos os nosos gustos, imaxes preferidas e opinións máis intimas, denomínase “muro”.

Os gobernos tamén ofrecen dobre coincidencia (sen ánimo de ofender a ninguén) cos cans criados desde cachorros en segredo. Primeiro rexeitan o ataque dos humanos pero, segundo vai avanzando o proceso de explotación e asimilación do poder polos porcos e os seus aliados externos, quedan convertidos en meros instrumentos que actúan ao dictado de quen detenta o verdadeiro poder. Véxanse senón os gobernos impostos ao socaire da penúltima crise, ou as actuacións ao dictado da maioría dos gobernos electos, con votos influídos por técnicas moi tecnolóxicas e moi escuras.

Ata o burro Benjamín, intelectual de prol, pode verse reflectido en múltiples tertulianos, e as prédicas do corvo Moses nas das relixións varias, que hoxe predican o sacrificio das maiorías como única vía de saída á crise, so pretexto do que se perdeu é o referente moral do esforzo individual. @mundiario

Comentarios