O 17 de maio celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas

Pintada sobre o protagonista do Día das Letras Galegas. / RR SS
Pintada sobre o protagonista do Día das Letras Galegas. / RR SS

No día da literatura galega, este 17 de maio é homenaxeado Ricardo Carvalho Calero, catedrático de galego e promotor do reintegracionismo en lingua portuguesa. Os actos oficiais foron aplazados pola crise sanitaria.

O 17 de maio celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas

No Día das Letras Galegas, este 17 de maio, celébrase a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, que naceu en 1910 en Ferrol. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras en Compostela, participou na fundación do Partido Galeguista e no anteproxecto da Autonomía de Galicia en 1936. En Madrid foi tenente da República, condenado a 12 anos de prisión por ser separatista. Os actos oficiais desta homenaxe foron aplazados a este outono debido a crise sanitaria da Covid-19.

Membro da Real Academia Galega desde 1958, en 1963 Ricardo Carvalho Calero publicou a súa grande obra Historia da Literatura Galega Comtemporánea. En 1972 gañou por oposición á recentemente creada Cátedra de Lingüística e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1987 publicou en narrativa Scórpio.

Humor no Día das Letras Galegas.

Humor no Día das Letras Galegas.

En 1963, a Real Academia Galega decidiu celebrar o Día das Letras Galegas como homenaxe á persoa destacada da literatura ou a súa defensa na lingua galega. Desde entón, e cada ano coincidindo co 17 de maio, a Real Academia Galega elixe un personaxe da literatura galega para renderlle homenaxe, coa obriga de pasar 10 anos da súa morte. A data do 17 de maio marca o mesmo día en que se publicou en Vigo a obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Salienta o chamado Rexurdimento da cultura galega.

Figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas                                   

1963 - Rosalía de Castro.

1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

1965 - Eduardo Pondal.

1966 - Francisco Añón.

1967 - Manuel Curros Enríquez.

1968 - Florentino López Cuevillas.

1969 - Antonio Noriega Varela.

1970 - Marcial Valladares Núñez.

1971 - Gonzalo López Abente.

1972 - Valentín Lamas Carvajal.

1973 - Manuel Lago González.

1974 - Xoán Vicente Viqueira.

1975 - Xoán Manuel Pintos Villar.

1976 - Ramón Cabanillas Enríquez.

1977 - Antón Villar Ponte.

1978 - Antonio López Ferreiro.

1979 - Manuel Antonio.

1980 - Alfonso X o Sabio.

1981 - Vicente Martínez Risco.

1982 - Luís Amado Carballo.

1983 - Manuel Leiras Pulpeiro.

1984 - Armando Cotarelo Valledor.

1985 - Antón Losada Diéguez.

1986 - Aquilino Iglesia Alvariño.

1987 - Francisca Herrera Garrido.

1988 - Ramón Otero Pedrayo.

1989 - Celso Emilio Ferreiro.

1990 - Luís Pimentel.

1991 - Álvaro Cunqueiro Mora.

1992 - Fermín Bouza Brey.

1993 - Eduardo Blanco Amor.

1994 - Luís Seoane.

1995 - Rafael Dieste.

1996 - Xesús Ferro Couselo.

1997 - Ánxel Fole.

1998 - Poetas Medievais da ría de Vigo (Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas).

1999 - Roberto Blanco Torres.

2000 - Manuel Murguía.

2001 - Eladio Rodríguez.

2002 - Frei Martín Sarmiento.

2003 - Avilés de Taramancos (Antón Avilés Vinagre).

2004 - Xaquín Lorenzo Fernández.

2005 - Lorenzo Varela.

2006 - Manuel Lugrís Freire.

2007 - María Mariño.

2008 - Xosé María Álvarez Blázquez.

2009 - Ramón Piñeiro López.

2010 - Uxío Novoneyra.

2011 - Lois Pereiro.

2012 - Valentín Paz Andrade.

2013 - Roberto Vidal Bolaño.

2014 - Xosé María Díaz Castro.

2015 - Xosé Filgueira Valverde.

2016 - Manuel María.

2017- Carlos Casares Mouriño.

2018- María Victoria Moreno Márquez.

2019- Antonio Fraguas Fraguas.

2020- Ricardo Carvalho Calero. @mundiario

Comentarios