Verán galego non stop: Tempo para coñecer o Parque das Illas Atlánticas

A mellor praia do mundo.
A mellor praia do mundo.

Non te desanimes, aproveita este mes para gozar dos últimos raios de sol antes de entrar no rigoroso outono e vén coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Verán galego non stop: Tempo para coñecer o Parque das Illas Atlánticas

Aínda quedan días para aproveitar o verán, estación que está vindo inusualmente boa na nosa Terra! Cambia o chip de que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Carga as pilas e busca plan para esta fin de semana.

Rumbo ás Illas! O Parque Nacional das Illas Atlánticas comprende as Illas Cíes, as Ons, Cortegada e Sálvora. Sobran argumentos para deixarte levar a través dunha rota paisaxística e de grande beleza ecolóxica, que permite coñecer máis de cerca estos enclaves, fogar de especies únicas en Europa.

O arquipélago das Cíes, pertencente ao Concello de Vigo, posúe unha area fina e branca, así como unhas augas cristalinas de cor esmeralda, que poden evocar praias caribeñas... “até que metes un dedo na auga”.  Isto afirma como mérito o diario The Guardian ao considerar o areal de Rodas como a  mellor prais do mundo!. Ademáis de valorar a súa tranquilidade e a transparencia das súas augas, o rotativo británico non se esqueceu do marisco e da zona de acampada. Pero alí non podes levar o o teu coche e entrar e saír da illa cando a ti che veña ben. Tes uns horarios e unhas normas; como por exemplo, non deixar o lixo que xere ao longo da túa estancia. O traxecto en barco dura aproximandamente corenta minutos e pódese saír dende Vigo, Cangas ou Baiona. Unha vez arribado ao porto de Cíes é posible gozar dun día de sendeirismo e praia ao pernoctar no camping.

As súas rotas reciben múltiples posibilidades de percorrido. Unha das máis coñecidas é a subida ao Monte Faro desde o que é posible divisar unhas fermosas vistas. Non hai que esquecer os restos do Monasterio de San Estevo, actualmente convertido na Sede do Centro de Interpretación. Para os amantes da flora e da fauna, as illas son un gran observatorio de aves e hai colonias de aves migratorias como o cormorán moñudo ou a gaivota patiamarela.

Eu particularmente son unha namorada das Cíes, xa que teño moi gratos recordos dos momentos alí vividos en diferentes veráns da miña vida con Andrea, Marcos, Patri, Antonio, Eva, Javi, Pablo, Gelines, Arancha e Mirón, o vixiante das Illas. Moitas risas, 

Pero o resto das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Sálvora e Cortegada) tamén teñen os seus propios encantos. É verdade que os dias quentes están desaparecerecendo gradualmente nestes inicios de setembro, mais non te desanimes, aproveita isto para gozar dos últimos raios de sol antes de entrar no rigoroso outono!

Verán galego non stop: Tempo para coñecer o Parque das Illas Atlánticas
Comentarios