O sector da automoción podería ser motor da identidade de Galicia

Visita del presidente de la Xunta a Citroën. / Mundiario
Visita do presidente da Xunta a Citroën. / Mundiario

Pedimento dos reitores das tres universidades galega ás cen empresas máis importantes de Galicia: é hora de mudar os hábitos lingüísticos. Unha nova análise a fondo deste autor.

O sector da automoción podería ser motor da identidade de Galicia

Pedimento dos reitores das tres universidades galega ás cen empresas máis importantes de Galicia: é hora de mudar os hábitos lingüísticos. Unha nova análise a fondo deste autor.

 

Segundo os datos estatísticos o sector da automoción en Galicia é un dos que máis postos de traballo ten creado.  Estiman as cífras oficiais que poderían ser ao pé de trinta e tres mil traballadores e traballadoras, dos que seis mil e pico pertencen ao grupo PSA Peugeot-Citroên. Unha nómina considerable que á súa condición de traballadores/as une, indisociablemente, a de seren cidadáns aos que a Constitución  e seu ordenamento xurídico lles recoñece dereitos. Dentro deles enmárcanse os lingüísticos. Pero, paradoxalmente,  na súa condicións de traballadores  limítanselles  ou impídeselles eses dereitos.

O empresariado galego segue a manter coa súa actitude unha Galicia dual, ignorando o contexto cultural no que están asentados, minorizando unha lingua coa súa marxinación ao tempo que fracturan as raíces da identidade colectiva.

Os reitores das tres universidades galegas veñen de enviarlles ás cen empresas máis importante de Galicia, entre elas as da automoción, unha carta convidándoas a superaren esa práctica e incorporar a lingua galega a algunhas das súas actividades dando paso a unha nova cultura empresarial en harmonía co País: “Animámolo  a que cambie os hábitos lingüísticos da empresa que dirixe: Sabemos que un cambio como o que lle propoñemos suporá un esforzo e, xa que logo, abrir un proceso que terá que ser gradual, para superar inercias e ir creando unha nova mentalidade. Mais estas pequenas dificultades son superables, como así o demostraron outras empresas que foron incorporando o noso idioma en diferentes actividades. A lingua galega é un factor de cohesión social que debe ser aproveitado polos empresarios”.

As experiencias de empresas que incorporaron a lingua galega a algunhas das súas actividades ten redundado favorablemente na autoestima dos traballadores e clientes, ofrecendo co paso do tempo un balance positivo. Os seus exemplos deberían terse en conta no sector da automoción e nomeadamente na fábrica de Balaídos. O argumentario dos tres reitores é irrefutable, e as medidas que propoñen para incorporar a lingua galega á publicidade, relacións cos traballadores, consumidores e administracións públicas non ofrecen dificultades que non sexan superables.

Da redacción dos códigos éticos e boas prácticas que moitas destas empresas teñen establecidas como normas de obrigado cumprimento, queda clara a non discriminación por razón de idade, sexo, estado civil, raza, relixión, opinión, afiliación sindical “ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”, nas que vemos implícita a lingüística.

É tempo de mudas. Iso é o que pensan os reitores das tres universidades galegas, institución académicas que son baluartes da ciencia e galeguidade.

 

Comentarios