Preséntase en Galicia o I máster en Medical Humanities, Arte e Saúde

Presentación aos medios na sede do Instituto Campus Stellae, en Santiago. / IECE
Presentación aos medios na sede do Instituto Campus Stellae, en Santiago. / IECE

As encargadas de presentar o máster foron as súas directoras, Nuria Pereira, directora do IE Campus Stellae, e Liana Vella, doutora en antrología teatral e asesora de comunicación eficaz.

Preséntase en Galicia o I máster en Medical Humanities, Arte e Saúde

As encargadas de presentar o máster foron as súas directoras, Nuria Pereira, directora do IE Campus Stellae, e Liana Vella, doutora en antrología teatral e asesora de comunicación eficaz.

O Instituto Campus Stellae, en colaboración coa asociación 'Multiker. Le molte creatività', de Turín (Italia), vén de poñer en marcha o I máster internacional en “Medical Humanities, Arte e Saúde”. Este máster, pionero en España, está dirixido por igual a profesionais da saúde, traballadores sociais, profesionais do mundo artístico e da cultura, educadores, psicólogos, antropólogos e, en palabras de Nuria Pereira, a “todos aqueles profesionais que compartan a arte de curar e coidar”. Tanto para Nuria como para Liana, representante da Asociación Multiker, a idea fundamental é “integrar e compartir a importancia da humanización da medicina a través das artes con modelos formativos eficaces, formadores e transformadores”.

O máster, na súa disciplina online poderase cursar nos máis de 80 países nos que Campus Stellae ten presenza. Este proxecto educativo, como sinala Nuria Pereira, “xorde da necesidade de crear un marco académico que outorgue os coñecementos necesarios para que os profesionais formados sexan capaces de utilizar correctamente as ferramentas simbólicas que a arte proporciona para superar as crises”. Ademais, co lanzamento deste máster tamén se poñerá en marcha a Asociación Colegial Española de Medical Humanities.

Que son as medical humanities?

As 'medical humanities', presentes xa en países como Estados Unidos, Inglaterra, Canadá, Francia, Finlandia, Italia, son aínda unha disciplina nova en España, da que aínda non existe formación regulada. Este movemento céntrase, como sinala Liana Vella, na “humanización da medicina a través das artes, incidiendo non só na saúde física senón tamén na contorna psicosocial que rodea á persoa en estado de vulnerabilidade”. A idea final é unir as ciencias humanísticas, sociais e artísticas coas ciencias científicas. “O contexto genérico das medical humanities abre un debate sobre a responsabilidade colectiva de tutelar a saúde”, asegura Liana Vella.

A idea da pedagoxía da coraxe será un dos temas fundamentais a tratar no máster. Idea que nace no libro “La pedagogia do coraggio”, escrito por Giovanna Corni, supervisora científica do máster, por Cristiá Voglino (actriz) e Maria Varano (psicóloga), que transmite o valor da resiliencia e a necesidade da coraxe, creando un novo modelo formativo que se imparte actualmente dentro da facultade de Medicina da Universidade de Turín.

Preséntase en Galicia o I máster en Medical Humanities, Arte e Saúde
Comentarios