Persoas como José Luis Muruzábal axudaron a que España fose máis democrática

José Luis Muruzábal tenía 66 años.
O falecido José Luis Muruzábal tiña 66 años / Xurxo Lobato.

Esta é a carta que o fotoxornalista e académico Xurxo Lobato, tamén colaborador de MUNDIARIO, enviou o ano pasado á homenaxe ao destacado sindicalista galego José Luis Muruzábal, falecido na Coruña.

Persoas como José Luis Muruzábal axudaron a que España fose máis democrática

7 setembro 2012

Prezado Muruzabal,

Por unha confusion miña non podo estar hoxe contigo compartindo con centos de amigos a homenaxe que che facemos entre todos.

Síntóo, a miña intención era estar contigo e darche un abrazo.

Dicir Muruzábal é dicir solidariedade, compromiso, loita democrática, ideais, xustiza...

Valores nos que crer e nos que persoas como o ti nos ensinan cada día a respectar.

Cando pensamos en Muruzábal recordarmos aqueles anos de loita contra a ditadura de Franco e de defensa de dereitos laborais.

Persoas como ti axudaron a que este país fose máis democrático.

Hai unha débeda da sociedade cara aos que loitastes polas liberdades, e con actos como o de hoxe facemos xustiza.

Unha vez estiveches nun lugar moi alto para defender dereitos de traballadores, hoxe estás nun lugar máis alto onde te subimos todos os que te respectamos e apreciamos.

Unha fonda aperta, Xurxo Lobato.

Comentarios