Mentres deixamos abalar o patrimonio da galeguidade, non hai quen poda coa Pedra

Santuario de A Virxe da Barca, en Muxía (A Coruña).
Santuario de A Virxe da Barca, en Muxía (A Coruña).

“É que nos caen todas”. Por que non somos quen de parar os raios, os derrubes, as batidas das ondas sobre das ondas, as cheas sempre por riba do sulagado, os comboios de gran velocidade?

Mentres deixamos abalar o patrimonio da galeguidade, non hai quen poda coa Pedra

“É que nos caen todas”. Por que non somos quen de parar os raios, os derrubes, as batidas das ondas sobre das ondas, as cheas sempre por riba do sulagado, os comboios de gran velocidade?

Nada mais nos enterar da partida igrexa da Virxe da Barca, malia a imaxe dos dous bicos, un por torre, do templo, evidenciamos o enésimo falho técnico que han chamar “humano”.

O pararaios inventouno hai tres séculos o Franklin, e xa daquela sabían que, amais de facer aterrar a electricidade,  atraía a teima xupiterina, que mil raios o partan.

Xa que logo, se os precipitados sobre Muxía traspasaron a barreira dun dos pais dos USA, non podía ser senón sinal dunha desfeita á galega.

O xafoi foi que se reformou, din, a igrexa, porén non se anovou a instalación eléctrica con meio século ás costas.

Arestora, mal, é dizer, nunca, os poderes oficiais apreséntanse no local e ordean o reaxir inmediato, non vaia ser que, da noite para a mañá, se afundan o teito e a abóveda.

Como, coa sua obxectiva e sensível análese decote, dinos un-ha perita:

“O patrimonio galego caese por todas partes e ninguén fai nada… Todos os días hai exemplos de igrexas (moito máis antigas) que se caen, edificios emblemáticos que apodrecen (literalmente) por non falar do que non se ve, mas ninguén fai nada… Ven outra ´ciclogénesis´ (temporal de toda a vidiña)….”

Venho da Virxe da Barca, da Virxe da Barca venho, e menos mal que so era un-ha réplica.

Fóra, alhea ás liortas dos rebanhos, a Pedra pode ser abalada e mesmo desprazada, mas non o raio non a da partido.

Comentarios