Hawking sairá do burato negro como o seu cerebro saíu do seu precario corpo

Stephen Hawking, astrofísico. / RR SS
Stephen Hawking, astrofísico. / RR SS

Hawking, o xenio na estela de Einstein, anque non gañara o Nobel, está a facer o seu pasamento –nunca mellor dito– meio século despois do previsto pola ciencia… médica.

Hawking sairá do burato negro como o seu cerebro saíu do seu precario corpo

O seu prodixioso caso ven demostrar que todos nós, “primates dun planeta menor xirando  arredor dunha estrela mediana", podemos oensar o Universo, a Ciencia, sobexa explicación de como se acendeu a mecha. Stephen non era nen sequer teísta, senón ateo. Por eso sostiña nisto o contrario do Albert, disimulen a confianza.

Si, é moi feo facer autocitas, mas satisfainos, como repetido homenaxe, transcribir as citas dun livro que en 1994 publicamos baixo o título de Os dados de Deus.

“Deus non xoga oas dados” (Albert Einstein).

“Eu coido que Deus si xoga oas dados” (S: Hawking).

– “Onde están, papai, os marcianos?

– Aí están.

Os marcianos estaban na canle, reflectidos na auga: Timothy e Michael e Robert e o papai e a mamai”. (Ray Bradbury).

Xustamente, o futuro que o científico da cadeira de rodas postula para a Humanidade.

Respecto do Tempo –perdónenos Stephen- postos a pensar que existimos porque pensamos e non ao revés, comprendendo rectamente o cartesianismo:

Acreditamos que o Tempo só existe na dimensión dos “primates dun pequeno planeta”.

O noso. @mundiario

Comentarios