Carlos Blanco: 'Encher os teatros cada noite é o meu gran logro'

Carlos Blanco con Mónica Martínez.
Carlos Blanco con Mónica Martínez.

O actor galego triunfa alá onde vai malia os tempos difíciles que está a atravesar o mundo da cultura. Carlos Blanco confésase no Cuestionario Proust para MUNDARIO.

Carlos Blanco: 'Encher os teatros cada noite é o meu gran logro'

Cercano, natural, sinceiro e tremendamente ‘ghrasioso’. Así é Carlos Blanco, o actor galego de máis éxito nestes tempos, alá onde actúa enche todas as butacas. Non lle gustan as presas, coida todos os detalles con moito mimo incluido el mesmo, así por exemplo, antes de actuar no Teatro Colón non dubida en cruzar a rúa para gozar cun rico xeado TutiFruti (o seu favorito).

Acepta o paso do tempo con orgullo aínda que non lle importaría volver atrás para, entre outras cousas, terse coñecido mellor antes.

Carlos Blanco é feliz cos seus, na Illa, gozando de cada momento e cos seus novos proxectos como a inminente viaxe a Londres onde vai actuar para os moitos emigrantes galegos que hai por terras británicas ou a nova colaboración que prepara co humorista gráfico Luis Davila.

Estas son as respostas de Carlos Blanco ao novo cuestionario Proust para MUNDIARIO.

-Cal é a súa idea de felicidade perfecta?

Eso non existe.

-Cal é o seu gran medo?

Deixar de gustarlle ao público.

-Con que personaxe histórico séntese máis identificado?

Con Juana la Loca.

-Quen é a persoa viva á que máis admira?

A miña amiga Dolo, que é mariscadora.

-Cal é o trazo que máis lle desagrada de sí mesmo?

Son moi microondas, quéntome moi rápido.

-Cal é o trazo que máis lle desagrada dos demáis?

A mala educación.

-Cal é a súa maior extravagancia?

Teño unhas cantas, pero probablemente levar unha dentadura sempre conmigo.

-Cal é a súa viaxe favorita?

A que vai sen presa.

-Cal considera que é a virtude máis sobrevalorada?

Difícil iso…a virtude máis sobrevalorada? Quizáis esa obsesión pola perfección. Creo que iso está sobrevalorado, paréceme unha tontería.

-En que ocasións recorre á mentira?

Si recorro á mentira piadosa. Por que non decirlle a unha señora maior que está moi guapa? Creo que aí  non hai mal ningún.

-Que é o que menos lle gusta do seu aspecto?

As olleiras.

-Que persoa viva inspíralle máis desprezo?

Non sei, non sei..esa xenta que trafica coa vida dos demáis. Traficantes de xente, que levan xente coma gando dun país a outro.

-De qué palabras ou frases abusa?

Digo moitísimas veces ‘filliña’ ou ‘’filliño’ porque como non sei os nomes en moitas das veces me saudan.

-Cal é o seu gran pesar?

Non terme coñecido ben antes.

-Que ou quen é o gran amor da súa vida?

Meu fillo, sen dúbida, Lois.

-Cando y onde foi máis feliz?

Onte, actuando.

-Que talento lle gustaría ter?

Habilidade manual.

-Cal é o seu estado de ánimo actual?

Sereno.

-Si puidese cambiar unha única cousa de vostede, que elixiría?

A idade, sería algo máis xoven.

-Cal considera que é o seu gran logro?

Encher os teatros cada noite.

-Si morrese e se reencarnase nunha persoa ou cousa, que cre que sería?

Cousa, eu sería cousa.

-Cal é o seu ben máis prezado?

As enrugas.

-Cal é para vostede a máxima expresión da miseria?

Dicirlle a alguén ‘muerto de hambre’.

-Onde lle gustaría vivir?

Onde vivo, na Illa de Arousa.

-Cal é o seu pasatempo favorito?

Pasear.

-Cal é o seu trazo máis característico?

A creatividade, creo.

-Cal e a cualidade que máis lle gusta nunha muller?

A mesma que nun home, a naturalidade, gústame a xente natural.

-Que é o que máis valora nos seus amigos?

Que teñan a paciencia de seguilo sendo.

-Quen son os seus escritores favoritos?

Sempre volvo a Cortázar, que me parece marabilloso. Manuel Antonio, poeta de cabeceira para mín e Shakespeare.

-Quen é o seu heroe de ficción preferido?

Gustábame Dan Defensor. Gustábame moito ler os cómics de Dan Defensor.

-Quen son os seus heroes na vida real?

A xente que está atravesando dificultades pero non se ven abaixo. Admiroos moitísimo.

-Cales son os seus nomes favoritos?

Daniel, Lois gústame moito, claro, Nuria é moi lindo e é a nai do meu fillo e o da miña nai Hermosinda.

-Que é o que máis lle detesta?

A soberbia. A soberbia é detestable.

-Como lle gustaría morrer?

En paz.

-Cal é o seu lema?

Éche o que hai!

Carlos Blanco: 'Encher os teatros cada noite é o meu gran logro'
Comentarios