Nicolás Gómez pasa xa á historia dunha tradición tan hispana como é a picaresca

Nicolás Gómez con Felipe VI.
Nicolás Gómez con Felipe VI.

Esta é a sociedade na que vivimos, a da continuación dos "episodios nacionales" de Galdós, na do triunfo do tele-lixo, e no da amoralidade cuantitativa, reflexiona este autor.

Nicolás Gómez pasa xa á historia dunha tradición tan hispana como é a picaresca

Esta é a sociedade na que vivimos, a da continuación dos "episodios nacionales" de Galdós, na do triunfo do tele-lixo, e no da amoralidade cuantitativa, refllexiona este autor.

O episodio protagonizado estes días por Nicolás Gómez, pasa xa á historia dunha tradición tan hispana como é a picaresca, nun país acostumado a crear falsos heroes sociais, como se no fondo fosen xusticieiros dunha realidade que non queremos aceptar.

Teño que recoñecer que a lectura esta pasada fin de semana das fazañas deste pícaro estafador, fixéronme ter máis dun sorriso, ante o delirante dun comportamento que reflexa como esta sociedade segue tendo eivas éticas, cando non morais, propias de séculos pasados. Nicolás non é máis que a consecuencia dun entorno social hispano, no que todo semella valer, e no que os pícaros cos séculos pasaron de ser personaxes de condición humilde, a pseudo persoeiros auto situados por riba do ben e do mal.

Nicolás non deixa de ser un aprendiz, ante os Blesa ou Rato que tanto vemos estes días, que consideraban que os cartos das entidades públicas non eran máis que o "maná" que por designación divina debían manexar, e o dispendio simplemente unha consecuencia colateral dun entorno no que o Sistema establece quen pode ser fillo del ou non. Mentres os prohomes de Bankia presuntamente roubaban a preferentistas, e desafiuzaban anciáns, Nicolás facía informes falsos do CNI, e prometía ventaxas xudiciais ás máis altas esferas político-empresariais hispanas. No fondo nada novo... a evidencia de que non todo o mundo é igual ante a lei a marca unha situación que sinala que poden seguir libremente pola rúa persoas que utilizaban as chamadas tarxetas "black" semanas despois de ser nacionalizada Bankia, cun rescate dunha cifra de cuxa cuantía nin me quero lembrar, mentres a algunha nai desesperada que utilizou ilegalmente unha tarxeta que atopou na rúa para comprar alimentos e pañais, a xustiza a quería enviar a galeras...

Esta é a sociedade na que vivimos, a da continuación dos "episodios nacionales" de Galdós, na do triunfo do tele-lixo, e no da amoralidade cuantitativa. Probablemente os que temos fillos non esteamos dispostos a estar calados ante todo isto, para non deixarlles un averno existencial no que o Saturno social estea permanentemente devorando aos seus fillos; mais as armas que temos para ese combate son moi modestas, porque o inimigo chámase Sistema, e fácil de bater non semella.

Ou non?

Comentarios