O IGADI plantexa a crise exipcia como válvula estratéxica dun novo Oriente Medio

Manifestantes opositores en El Cairo / YouTube
Manifestantes opositores aos islamistas en El Cairo / YouTube

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (http://www.igadi.org/), con que colabora MUNDIARIO, informa da aparición dunha nova edición de IGADI Paper Nº 119. Recomendado.

O IGADI plantexa a crise exipcia como válvula estratéxica dun novo Oriente Medio

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (http://www.igadi.org/) informa da aparición dunha nova edición de IGADI Paper Nº 119, un instrumento de análise e información do IGADI, destinado a afondar de forma equilibrada e sintética nalgún conflito, acontecemento ou tendencia internacional de relevancia e actualidade.

Esta entrega de IGADI Paper ten como título “A crise exipcia como válvula estratéxica dun ‘novo Oriente Medio”, analiza, con epicentro na crise política exipcia tralo golpe militar contra o deposto presidente Mohammed Morsi e a posterior represión contra a Irmandade Musulmá, os entresixos dunha eventual estratexia propiciada por EUA e os seus aliados, para configurar un novo mapa xeopolítico dende o Magreb ata o Golfo Pérsico.

MUNDIARIO convida a visitar o enderezo web: http://www.igadi.org/web/sites/all/arquivos/igadipaper119.pdf, a fin de poder acceder e consultar este novo exemplar de IGADI Paper.

 

O IGADI plantexa a crise exipcia como válvula estratéxica dun novo Oriente Medio
Comentarios