Ana Pontón esixe disculpas a Feijóo despóis de escoitar que "está moi necesitada"

Para a nacionalista Ana Pontón, "é un comentario inaceptábel, que destila un machismo repugnante", no que "queda retratada a catadura moral de Feijóo".
A portavoz nacional do BNG no Parlamento de Galicia, Ana Pontón, ven de denunciar na rede social Twitter que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo no Pleno: "A señor Pontón está moi necesitada". Para Pontón, "é un comentario inaceptábel, que destila un machismo repugnante", no que "queda retratada a catadura moral de Feijóo".
"Pedir desculpas é o mínimo ante unha faltada que atenta contra a miña dignidade como muller", sostén a deputada nacionalista Ana Pontón.
Tamén en Twitter pronunciaronse voceiras e dirixentes do PSdeG - PSOE, Podemos e En Marea, igualmente críticas coas verbas de Alberto Núñez Feijóo.
A música Eva Chispiña dixo que "obviamente é inaceptable o comentario de Feijoó" pero fixo unha precisión: "Certo, pero a frase non é precisa nin no contido nin no contexto, o que dixo Feijoó foi: Pareciame que a señora Pontón estaba moi necesitada, pero vexo que vostede o está máis. Referíndose e interpelando a intervención de Villares", o portavoz de En Marea. @mundiario