Foise co vento

Lembro con emoción aquela despedida dos Diplomáticos de Monte Alto nun gran rebumbio en Ortigueira. “
Lembro con emoción aquela despedida dos Diplomáticos de Monte Alto nun gran rebumbio en Ortigueira. “Miña nai deixoume o vento, o meu pai deixoume o mare, non tiñan máis que deixarme, e eu non penso mais deixare”. Retrato diplomático da alma galega. Somos vento e mar. E quizás por iso ten tanta importancia o do concurso eólico. Ben sabemos que non falamos de muiños, que son xigantes (sempre o foron, xigantes das finanzas e da empresa), mais ao menos desta volta son xigantes galegos. Por iso o concurso eólico tal vez non fora perfecto, pero non se pode negar que foi moito, pero moito máis público ca nunca. O amiguismo foise co vento, o clientelismo foise co vento, o reparto ‘dixital’ foise co vento. E por iso Quintana ben pode sacudirse as críticas políticas coa aquela mítica frase que Clark Gable lle espetara a Vivien Leigh: “Francamente, querida: impórtame un carallo”.