O “Land Rober Tunai Show” recibe o maior campión galego
O público non vai pasar desapercibido nesta entrega de “Land Rober Tunai Show”, xa que volve o “A quen lle pasou?”, coas anécdotas máis divertidas e incribles.
O programa Land Rober Tunai Show recibe este xoves recibimos o maior campión galego. O medallista olímpico e pentacampión do mundo en tríatlon Javier Gómez Noya vai ter que enfrontarse ao maior desafío da súa carreira.
Tamén está convidado o humorista Miguel Lago, que terá un duro traballo na nova entrega dos Xubilados. Concha e Manolo irán ao Palacio Real para participar nun convite coa monarquía. A que se pode armar alí!
Ademais, o público non vai pasar desapercibido nesta entrega de Land Rober Tunai Show, xa que volve o “A quen lle pasou?”, coas anécdotas máis divertidas e incribles.
E como non, non faltarán os xogos e retos máis agardados da man de Roberto Vilar, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias. @GaliciaMundiari