Tributo de Sheila Patricia á historia da muller labrega

Sheila Patricia. / Aitor Ramos
Sheila Patricia. / Aitor Ramos
Maneo de Caión é un tributo á historia da muller labrega e a súa fortaleza durante os períodos de guerra e emigración en Galicia.
Tributo de Sheila Patricia á historia da muller labrega

Abril marca a estrea do novo sinxelo de Sheila Patricia en plataformas dixitais, xunto cun traballo visual de Aitor Ramos no videoclip. Trátase dunha homenaxe á muller labrega nos períodos de guerra e emigración, no que esta quedaba soa ante o peso do traballo da casa e do campo, cunha tremenda soidade e pesar.

Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música.
Filla dunha galega e dun arxentino, percíbense nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares.

Maneo de Caión, de Sheila Patricia. / YouTube

A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila. Así naceu Maneo de Caión, unha readaptación deste popular tema galego que, pasando polas mans e pola voz de Sheila Patricia reconvértese, nacendo unhas novas texturas e musicalidade.

A produción musical fraguouse entre Arxentina e Galicia, con Agustín Sánchez co que traballa man a man dende algúns anos ate o de agora. Conservando a esencia do ritmo tradicional galego do Maneo, fusionan unha peza que se converte en algo totalmente vangardista e diferente.
Na enxeñería de son está Roberto Ledesma, procurando a naturalidade e mesturando o mellor da electrónica e do acústico.

O sinxelo ven acompañado dun traballo visual cheo de simboloxía da man do director valdeorrés Aitor Ramos Soto, seleccionado recentemente no London Fashion Film Festival coa súa última curta Escarnio e Maldicir. @mundiario

Comentarios