As queixas a destempo de Feijóo sobre os encoros proban a prepotencia de Iberdrola e Naturgy

Ignacio Sánchez Galán. / Iberdrola
Ignacio Sánchez Galán. / Iberdrola
O Goberno de Galicia leva anos cosentindo o que fan as eléctricas e agora descobre que o baleirado levouse a cabo sin o seu coñecemento.
As queixas a destempo de Feijóo sobre os encoros proban a prepotencia de Iberdrola e Naturgy

A prensa recolle que o Presidente da Xunta denuncia gran “irresponsabilidad” polo baleirado excesivo dos encoros localizados na conca Miño-Sil,  mesmo afirmou que  “no puede comprender lo que está ocurriendo” y que “es una irresponsabilidad que la cuenca del Miño-Sil tenga  en algunos embalses menos agua que la cuenca del Júcar”.

Estas declaracións evidencian algo que xa coñeciamos: que os ríos galegos están xestionados para intereses alleos –empresas multinacionais– e en función das necesidades eléctricas de amplas zonas da Península Ibérica,  sin que o Goberno galego teña ningunha  intervención, participación ou coñecemento algún. Pero aínda máis, sen que durante os últimos 12 anos  a Xunta e o Presidente galego lle preocupara o máis mínimo xa que afirmou que “es una falta de respeto impropia al goberno gallego y a los gallegos" y que "no he visto una cosa así en los 12 años que llevo de Presidente”. 

Que as concesións fluviais fan a Naturgy, Iberdrola... prepotentes e donas dos nosos ríos é unha evidencia,  e teñen carta branca para facer o que mellor queiran, é a costume e o Goberno galego consinte. Os encoros son fonte de grandes beneficios empresariais,  a estas alturas lamentarse de que o baleirado dos encoros é unha falta de respecto ao goberno galego e aos galegos, é demasiado.

Auga embalsada.

Son moitas as faltas de respecto

Falta de respecto é  construír uns encoros asolagando aldeas, inundando as mellores terras agrícolas  e desprazando a poboación ou obrigándoa a emigrar.

Falta de respecto é rematar con postos de traballo na pesca fluvial e alterar a ecoloxía do río ao non construír escalas salmoneiras e remontes para peixes, deixar o rio sen auga en tramos debaixo dos encoros, permitir a eutrofización das auga...

Falta de respecto é permitir que caduquen  concesións e non rescatalas ou  prolongar estas con trucos paralegais (?) promovendo turbinado e minicentrais ...

Falta de respecto é non perseguir unha tarifa eléctrica galega para pagar menos a electricidade cando a producimos aquí e exportamos continuamente máis da terceira parte do que consumimos.   

Lamentarse da xestión foránea a estas alturas é un saúdo ou brindis ao sol preocupante se non vai unida  a algo máis, se non vai unida a pretender ou querer conquistar novas competencias no intento de cambiar as cousas en mellora e beneficio do país. 

Agora descobren, sorprendentemente, que o baleirado de encoros do Miño-Sil levouse a cabo “sin conocimento do Goberno autonómico”... @mundiario

Comentarios