Marta González di que o PP é a única alternativa a un goberno de Sánchez

Marta González. / Mundiario
Marta González. / Mundiario

"O que podemos achegar é a seguridade que proporciona un partido político que sacou a España de situacións difíciles,  como a crise económica”, salienta a vicesecretaria de Comunicación do Partido Popular e candidata pola Coruña ao Congreso.

Marta González di que o PP é a única alternativa a un goberno de Sánchez

Marta González Vázquez, vicesecretaria de Comunicación do Partido Popular e candidata pola Coruña ao Congreso dos Deputados, di que o PP é a única alternativa a un goberno de Sánchez. Foi entrevistada no ‘Bos días’ da TVG, no marco das conversas en directo cos/as candidatos/as galegos/as dos diferentes partidos que se presentan ás eleccións xerais do 28 de abril. Estas entrevistas, marcadas no plan de cobertura electoral presentado ante a Xunta Electoral, teñen unha duración proporcionalmente ponderada conforme aos resultados obtidos nos anteriores comicios.

González sulbiñou en primeiro lugar que a súa formación é a única alternativa a un “goberno de Sánchez cos partidos inconexos” e que “o que podemos achegar  é a seguridade que proporciona un partido político que sacou a España de situacións difíciles,  como a crise económica”. A política contrapuxo a experiencia do seu partido coa doutras forzas “que nunca xestionaron nada nin gobernaron en ningures”. Así, reclamou os  votantes indecisos que “non se deixen levar por cantos de serea” e lembrou que “o Partido Popular é a única candidatura con capacidade, solvencia e experiencia, non os outros”.

A vicesecretaria de Comunicación do PP tamén foi preguntada pola situación de Alcoa e afirmou que “estamos moi preocupados e sorprendidos pola decisión  do goberno de non levar ao Consello de Ministros o estatuto electrointensivo”. Sobre outras das empresas galegas, Ence, reclamou unha solución para os 5000 traballadores e máis de 60.000 familias que dependen da venda da madeira, “despois falarase de locaiización”. González Vázquez tamén se referiu á transferencia da AP-9, reclamada por unanimidade polo Parlamento Galego, e destacou que “o goberno de Sánchez si que permitiu a transferencia da autoestrada ao Pais Vasco para gañar os votos do PNV”, argumentando que era a “manifestación do pouco que lle importa Galicia ao goberno socialista”.

Arredor dos posibles acordos, González sinalou que “non nos gusta falar de pactos ata que se vexa a situación definitiva”. Tamén destacou:  “Fálase  moito de pactos, pero o  que máis nos preocupa é que Sánchez poida reeditar o Goberno Frankestein con independentistas vascos e cataláns, populistas e comunistas”. González salientou que “ese é o pacto que nos preocupa, porque racha coa Constitución e co Estado das autonomías”. @mundiario

Comentarios