Os informativos da TVG seguen a ser líderes en abril, cun 18,6% de cota de pantalla

Marta Darriba. / Mundiario
Marta Darriba. / Mundiario

No bloque informativo do mediodía superan en 4,2 puntos a seguinte canle, que Tele 5. A Galega asegura que se mantén como "un dos principais motores de FORTA".

Os informativos da TVG seguen a ser líderes en abril, cun 18,6% de cota de pantalla

TVG foi a canle líder en Galicia no mes de abril cos seus informativos. No bloque do mediodía, o do ‘Galicia noticias’ e o ‘Telexornal mediodía’, de 13:30 h a 15:30 h, a cota foi de 18,6% no conxunto do mes, superando en 4,2 puntos de cota a seguinte canle (Tele 5). E no período de luns a venres a media é de 19,8%, superando o seguinte competidor en 5,1 puntos (Antena 3).

Segundi a CRTVG, nos informativos cómpre salientar o incremento nas audiencias con respecto ao mes de marzo do informativo ‘Galicia noticias’, que medra 1,8 puntos de cota; ‘A revista’, que incrementa no mes 1,7 puntos de cota; ‘A revista fin de semana’, que suma 1,2 puntos, o ‘Bos días’, cun punto máis, e o ‘Telexornal serán fin de semana’, cun incremento de 7 décimas.

Neste mes de abril, cun 9,8% de cota no conxunto do día e un 9,9% no prime time,  TVG actuou de novo como un dos principais motores da rede de televisións públicas autonómicas, FORTA (8,1%), superando o grupo no conxunto do mes en 1,6 puntos de cota. No prime time, a Galega supera a media das canles autonómicas en 1,8 puntos.

Os programas de entretemento ‘Land Rober Tunai Show’, ‘Luar’ e ‘Bamboleo’, nas faixas de prime time dos xoves, (11,6%), os venres (11,9%) e os sábados (11,6%), superan a media do mes, ao ser nas que máis galegos e galegas seguen a canle pública, e melloran os datos de marzo. @mundiario

Os informativos da TVG seguen a ser líderes en abril, cun 18,6% de cota de pantalla
Comentarios