O Goberno mexicano quere aumentar o investimento mutuo con Galicia

Feijóo e Ildefonso Guajardo, o secretario de Economía do Goberno de México. / Xunta de Galicia
Feijóo e Ildefonso Guajardo, o secretario de Economía do Goberno de México. / Xunta de Galicia

México, que hai poucas semanas selou un preacordo coa UE para renovar o Tratado de Libre Comercio, supón unha alianza clave para a comunidade galega.

O Goberno mexicano quere aumentar o investimento mutuo con Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu este mércores a unha xuntanza co secretario de Economía do Goberno de México, Ildefonso Guajardo. Durante encontro, Guajardo mostrou interse por participar en outubro nunhas xornadas na Comunidade, que servirían para intensificar o investimento entre México e Galicia. Nesa xuntanza empresarial, que dará continuidade ao Foro de Oportunidades de investimento celebrado este mércores en Cidade de México, se presentarán as oportunidades de comercio en común.

Por outra banda, hai unhas semanas que a UE e México selaron un principio de acordo para renovar o Tratado de Libre Comercio. Isto significa que México será unha alianza clave para Galicia, dado que suporá o incremento das exportacións en eidos como o lácteo e os seus produtos derivados.

As relacións de Galicia co país azteca tamén son sólidas no referido aos investimentos do Goberno mexicano no estaleiro vigués Barreras, así como a través das relacións coa mariña mexicana e con outras grandes empresas mexicanas para a construción de barcos na Comunidade. Durante a reunión, Feijóo e Guajardo analizaron ademais outros sectores onde ambas economías comparten intereses, coma a automoción, o aeronáutico, o farmacéutico, o agroalimentario ou o contract, así como o naval.

O país azteca é hoxe un destino consolidado no mapa das exportacións galegas, que se incrementaron nos dous últimos anos máis dun 70%, con máis de 500 empresas que venderon os seus produtos neste país en 2017. Cabe subliñar que México é o país latinoamericano que máis produtos galegos está comprando. @galiciamundiari

O Goberno mexicano quere aumentar o investimento mutuo con Galicia
Comentarios