Galicia é referencia en España coa análise do municipalismo, segundo Santiago Lago

Presentación del informe de la RED Localis con María Cadaval, Manuel Baltar, Santiago Lago y Concepción Campos. / La Región
Presentación del informe de la red Localis con María Cadaval, Manuel Baltar, Santiago Lago y Concepción Campos. / La Región

A Rede Localis, a Rede de Administración Local xestionada polo Gen, presentou o seu II Informe Red Localis. Presupuestos y financiación local: la hora de la verdad e os avances feitos no seu Observatorio Municipal Galego.

Galicia é referencia en España coa análise do municipalismo, segundo Santiago Lago

Galicia é referencia en España coa análise do municipalismo, segundo Santiago Lago, director del Grupo de Investigación Gen. A Rede Localis e os seus produtos, sostén Santiago Lago, “estannos permitindo converternos non só na referencia en Galicia en todo o que ten que ver coa análise do municipalismo senón xa fóra de Galicia, no conxunto das comunidades autónomas”. Isto, indicou este catedrático da Universidade de Vigo, “estase facendo desde o campus de Ourense”. A Rede Localis, a Rede de Administración Local xestionada polo Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network da Universidade de Vigo (Gen), presentou este luns o seu II Informe Red Localis. Presupuestos y financiación local: la hora de la verdad e os avances feitos no seu Observatorio Municipal Galego. O obxectivo das dúas iniciativas “pioneiras”, segundo destacan os seus promotores, é ofrecer datos e información de interese para a reforma e mellora da administración local, tendo en conta especialmente as eleccións municipais de 2019.

O acto de presentación celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, contando coa participación de Santiago Lago, director del Grupo de Investigación Gen; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Alberto Vaquero, codirector da Rede Localis; Concepción Campos, codirectora da Rede Localis e codirectora xunto a Roberto Fernández deste informe, e María Cadaval, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do documento presentado.

Concepción Camposcolaboradora de MUNDIARIO– subliñou como tanto co informe como co observatorio, desde Rede Localis “estamos levando a cabo uns traballos que son pioneiros no marco da Unión Europea”. Sobre o informe salientou como “conxuga o coñecemento experto da universidade e a aplicación práctica”, contando o manual coas achegas de “expertos universitarios e acreditados profesionais da administración local”. A elección da temática deste segundo informe, indicou, débese á pretensión desta rede de “ser actores de cambio” abordando cuestións de actualidade. Coas eleccións locais de 2019 no horizonte, Concepción Campos salientou como este manual pretender ser “un libro de cabeceira” para os gobernos municipais que saían desas eleccións e un ferramenta para esixir “cambios na administración local”.

“Toca xa tomarse en serio o tema dos orzamentos e do financiamento local”, advertiu a codirectora da Rede Localis. Concepción Campos subliñou como fronte ao desexo de administracións locais do século XXI baseadas na xestión pública e innovadoras “os medios e o financiamento das administracións locais son dos primeiros anos 80, do século XX”. “Sen financiamento non pode haber servizo público de calidade”, dixo, indicando como a xestión municipal actual xera “cidadáns de primeira e de segunda”, xa que, detallou, en virtude de en que concello viva un cidadán vai ter acceso a uns servizos e a unha calidade dos servizos diferente.

Segundo explicou a tamén colaboradora de MUNDIARIO María Cadaval, para este II Informe Red Localis. Presupuestos y financiación local: la hora de la verdad, “eliximos temas importante e urxentes” desenvolvidos por “profesionais na vangarda de cada un dos temas”. Dando continuidade ao anterior documento, neste, indicou, abórdanse tres bloques fundamentais, como son orzamentos, financiamento e organización municipal. O informe, sinalaron os seus promotores, aborda as reformas pendentes da administración local, sen esquecer a reforma tributaria, a reformulación do modelo de transferencias e as boas prácticas de elaboración de orzamentos e control para garantir a calidade dos servizos públicos.

Entre os temas referidos á administración local que aborda o documento están o bo goberno como dereito a unha boa administración; o endebedamento e regra de gasto; o control interno; os orzamentos participativos; o imposto de actividades económicas e o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana; as fontes de financiamento local derivadas da actividade urbanística e a actividade ambiental e o seu financiamento. Outros temas analizados son a viabilidade dun imposto local sobre as estadías turísticas; as novidades en taxas, prezos públicos e contribucións especiais; os fondos europeos; o federalismo fiscal; a planificación na xestión tributaria; o financiamento provincial; a colaboración financeira nas áreas metropolitanas; o financiamento dos municipios rurais e a evolución da distribución das transferencias incondicionadas do estado.  

Avances no Observatorio Municipal Galego

Alberto Vaquero foi o encargado de presentar os avances feitos no Observatorio Municipal Galego, plataforma creada en 2017 que recolle e difunde a través dunha páxina web documentación relacionada coa economía e a fiscalidade local de todos os concellos galegos.

Na actualización visual e de contidos de 2018, na presentación destacouse aspectos como a dispoñibilidade de datos históricos, desde 2010 ata actualidade; a representación na páxina web das variables tributarias locais e a disposición dun apartado de cocientes orzamentarios que permiten coñecer máis en profundidade as contas liquidadas dos concellos. Tamén se destacou a posibilidade de mostrar o mapa dos concellos galegos en función das variables máis relevantes. “Trátase dun estudo completo, dinámico, diferenciador e facilmente accesible, no que cada ano introducimos novas variables e melloras”, comentou Alberto Vaquero.

Durante a súa intervención, Manuel Baltar salientou como as ferramentas presentadas este luns abordan “aspectos que preocupan e ocupan ás administracións públicas” e como son “iniciativas que teñen unha repercusión e unha relevancia a nivel nacional”.  @mundiario

Comentarios