Ferreiro marcha: "Non vou ser o típico tocanarices que lle di aos demais que teñen que facer"

Xulio Ferreiro. / Mundiario
Xulio Ferreiro. / Mundiario

O alcalde Xulio Ferreiro confesou, entre bágoas, que fora "marabilloso" ser alcalde da cidade, malia os "momentos duros". Recordou, como xa o fixo a noite electoral, que o seu compromiso "non se moveu nin un centímetro" e que se vai sendo "o mesmo".

Ferreiro marcha: "Non vou ser o típico tocanarices que lle di aos demais que teñen que facer"

O alcalde Xulio Ferreiro non formará parte da próxima corporación municipal da Coruña tras perder Marea Atlántica catro concelleiros e pasar de dez a seis edís tralas eleccións municipais celebradas este domingo 26 de maio. "Non vou ser o típico tocanarices que lle di aos demais que teñen que facer", dixo  o líder da Marea Atlántica.

O aínda alcalde, que a mesma noite electoral asumiu a responsabilidade dos resultados de Marea nos comicios e lamentou "a decepción", confirmou que non seguirá á fronte dunha formación que en 2015, con só dez meses de actividade, chegou á alcaldía e mantívose en María Pita ata tras unha cuestión de confianza.

"Hoxe anunciei a miña decisión de non continuar no @ConcelloCoruna o vindeiro mandato. Dicía hai catro anos: 'como xente do común entramos, como xente do común marcharemos'. Emocióname pensar que tamén vou cumprir este compromiso. Grazas por tanto cariño", dixo Ferreiro en Twitter.

Xulio Ferreiro confesou, entre bágoas, que fora "marabilloso" ser alcalde da cidade, malia os "momentos duros". Recordou, como xa o fixo a noite electoral, que o seu compromiso "non se moveu nin un centímetro" e que se vai sendo "o mesmo". @mundiario

Comentarios