Unha fantasía numérica

Sistema binario.
Sistema binario.
A paridade, no mundo matemático, indicaría movemento, vibración imparábel, sempre que o fenómeno non pouse no 0.

Contemplo o segmento, delimitado por dous puntos: o 1 e o 2. Acho que, os dous puntos, non poden pecharse nunha forma. O un e o dous fluctúan no espazo; a imposibilidade de se unir confírelle ao segmento un comportamento nervoso.

Por outra banda, o 2, de retroceder, é 1 ou 0? É dicir, que, ao unírense o 1 e o 2, en progreso ou en retroceso, conforman o 0. E, o 0, está na orixe de tódalas coordenadas, mais, nunha recta, ten un valor, non así no vector limpo. A orixe de coordenadas é nomeada, mais, en si, o 0 é volúbel, non ten localización, mais xorde en calquera punto do plano.

O 0, para o segmento, é unha ensoñación, desde o momento en que non se consideran os puntos abranguidos entre o 1 e o 2. De avanzar o 1, de retroceder o 2, chégase ao 0.

Imaxino unha vibración enlouquecida na que o 2 quere unirse ao 1 no vencello do segmento, ao igual que o 1 ten a constante incansábel de avanzar ao 2 (mais o espazo do segmento impídello).

A paridade, no mundo matemático, indicaría movemento, vibración imparábel, sempre que o fenómeno non pouse no 0. Ademáis, o sentido dos puntos poderíase invertir cando non houberan unha anclaxe, o punto de referencia. A polaridade, entón, é a asíntota dunha recta que non acada a establecer unha forma, non poder unirse, pechar o ciclo... @mundiario



   

Comentarios