Dinamitan o monte Acibal
Trátase dun monte comunitario que albergaba gravados de manufactura humana que quedaron aniquilados, segundo alerta Amil sen Eólicos.
O colectivo Amil sen Eólicos denunciou a súa indignación pola desaparición da Pisada do Mouro do monte Acibal, no Concello de Moraña (Pontevedra). Trátase, segundo precisa, dun "importante elemento etnográfico e patrimonial, con forma de pisada e que ademáis presentaba gravados de manufactura humana nos catro puntos cardinais".
A veciñanza de Moraña había tempo que presentía a catástrofe ao ver subir cara ao Coto do Mouro dous camións cargados de dinamita: a Xunta aprobou a destrución de espazos naturais coa excusa da explotación enerxética. O monte Acibal supoñía un valioso xacemento arqueolóxico enchido de monumentos e o seu territorio até os nosos días non tiña sido prospectado.
O sector enerxético en Galicia é un expolio, dado que, porén o impacto ambiental das centrais eléctricas, o país é exportador de enerxía (cando as empresas alleas/ estatais que as xestionan non comparten os seus beneficios). Dende 1995 chegaba a Galicia a utopía das enerxías renovables: a facturación até o día de hoxe deuse incrementado un 500%.
Esta escolma de políticas comezou en 2020 coa promulgación da Lei de Montes: fóra do salvamento do ecosistema para unha explotación sostible, promulgouse para os propietarios e as mancomunidades unha serie de medidas para a explotación madereira, segundo a cal as únicas árbores aptas no monte serían o pino, o eucalipto e a acacia.
Nunha porcentaxe que podería ser ridícula, as únicas áreas galegas cuxo monte sería autóctono, diverso e visitable serían os nomeados Espazos Imán, como son as Illas Atlánticas, O Courel, etc, ínfimos reductos que, sen ningún impedimento, nun futuro acabarán sendo zoos testemuñais.
A historia de Galiza está infravalorada e esquecida polos mesmos galegos, un fraude de galegos que están a vender o país para irse dando pequenos praceres a costa de aniquilar o medio ambiente, o patrimonio histórico e as súas tradicións. O auto-odio acada semellantes cotas que estamos a sinalarnos os uns aos outros cada vez que semellamos galegos.
Cando en grandes países como a Franza ou Portugal a idiosincrasia é visible (e turística, xa que nos pensamos que os nosos campos e as nosas rías están para poñerlles prato aos turistas─ e mailo viño!) coa conservación dos seus castelos, xardíns e típicas zonas residenciais, o país galego está a erradicar todo vestixio de identidade.
De seguirmos así, Galiza será unha megamina ou unha grande e árida praia sen árbores e enchida de encoros pantasmas (os sitios oficiais din que non nos porán minas mais expresan que “Galicia es una de las primeras comunidades españolas por nivel de producción”...
Penso que hai unha anterga e española fixación pola Grande Galiza que nos segue a asoballar. O menhir de Gargantáns, a maior concentración de tetrasqueis do mundo, o roubo do con da Pisada do Mouro (sabïades que “moura” significa: nai terra...?); o Penedo Grande, a romanización da Virxe das Milagres de Amil... Creo que houbo intereses políticos e sociais pola destrución do monte Acival coa excusa de construír un parque eólico, e creo que o poder e toda a súa rede clientelar non teñen vergoña.
Agora, desde Amil Sen Eólicos instan, unha vez máis, a que se acometa "unha prospección axeitada na zona, temendo que moitos destes símbolos xa fosen destruídos, e onde un grabado compatible con estes Tetrasqueis está a piques de ser dinamitado". Son tempos difíciles para os románticos, cando eu recoñezo o meu fascinio polos celtas galegos e as nosas lendas. Supoño que ao resto da xente interésalle máis ver revistas do corazón e novas ministras, ao igual que os heroes foran substituídos polo santoral... Galiza, até antonte, tiña un gran poder: ser un paraíso natural cheo de santuarios… Que vai ser do país? @mundiario