A descoberta non relatada do fenómeno das nubes de colores

Mais aquela sensación de ingravidez... Nunca esquecería; unha liberdade que nin morta esquecería! / Colección de contos de ciencia ficción.
Isaura morreu feliz
Isaura morreu feliz

"Isarura, Isaura, meu deus!", murmuriou, sen forzas para chillar na planicie.

O xeo que mascaba, comezou darlle dor no estómago... E xamàis se alimentara dun produto natural; tumbouse envolta nas vestiduras térmicas e fitou aquelas brancas nubes que semellaban un templo grego.

"Oh... Sangue...", dixo, coma se ao seu carón estivera un anxo da garda que a levara de alí. Emocionouse por mor de ter chegado á reserva... E, sabendo que aquilo era a morte, decidiu meditar:

"Na antigüidade, a alma era retratada en cores nunha simple tela... A mente descifrábase no se evadir da realidade: ésta esfumouse, desapareceu aquela simpleza que facía forte á humanidade! A imaxinación tornou unha ambición que deviu suprimir a liberdade de pensamento.

"Mais, aquí, fóra da contorna áurea da vida, a piques de expirar, estou saboreando a devandita felicidade que históricamente enriquecera ao ser humano.

"Agora que o meu sangue cubre a neve, entendo os ríos que percorren as terras, as migracións das criaturas, e estou apalpando coa man a rabia por vivir que alá hai tempo enxergara a grande vaga de depresións..."

Ela sopraba, e o seu alento fumegaba unha lene chamada de axuda: "isto debe de ser o Ceo, cando o trono da miña aldea estaba nos meus fuciños e hermetizado en pedra; nunca até agora tiña achado esta paz. Darei fe desta misión no celular e terei salvado á humanidade!"

Nas aldeas de Galiza instauráronse castelos de pedra nos outeiros que eran inaccesibles aos plebeos (antergamente coñecidos como "traballadores").

Os plebeos adicábanse a aprender leccións de ciencia para coidar do sistema económico da nova Era segundo o cal selectos individuos eran adestrados para misións espaciais. A meirande parte deles non voltaba, e moitos eran olvidados... Os Señores tiñan naves Reais que visitaban a lúa, onde contaban con castelos de prata visibles dende un telescopio.

Como o mundo acabara en tal decadencia? Nos tempos industriais, a Resistencia volatilizou a Produción, de xeito que o abastecemento alimentar, químico e enerxético alzouse polas nubes. Éstas chegaban coloreadas segundo a súa función, e mesmo reflectían unha luz da mesma cor no teito da aldea.

Quen non adoraría o espectáculo do ceo? Mais, emporiso, os pintores e cineastas caíron na demencia, ao tempo ca os escritores quedaron mudos e adicáronse ás matemáticas: a Terra era abafante.

Isaura nacera cunha alma anxelical e incomprendida que lle conferiu aquela paixón: penetrara a fronte atlántica e boicotear as emanacións coloreadas. Albergaba ese soño desque vira o arco da vella nun vaso de leite...

Ela fixo un traballo que ninguén pensara: quentar unha pota con vapor branco, estudando o antergo ser dos elementos.

"Paxaro d'auga", díxolle a Raíña declarándolle o desterro por lacazana...

Como ela podería chegar ao Forte Azores?

De cando en vez, por inexactitude sexaxesimal, dúas nubes colisionaban creando un tornado de cor complementaria.

Ela vestiu seu traxe de comuñón, seu branco traxe, tinxíndose baixo o vento. Saltou ao ollo do tornado, alzándose xunta ás frondosas polo aire:

Nas Azores chegou á megafábrica meteorolóxica.

Mais aquela sensación de ingravidez... Nunca esquecería; unha liberdade que nin morta esquecería! Os pigmentos enchendo o branco traxe de comuñón e cores de revolución na pel da súa cara.

Como Isaura conseguiu eliminar de vez a tiranía das nubes coloreadas, o abafo das baixas presións e o reinado da megasabedoría?

Isaura sentiuse salvaxe. Alí, vivían uns dementes autómatas que lle deixaron todo doado, tras de colapsar o seu código lóxico. Simplemente, arrincou unha rama da selva e, con forza bruta e resentida, rompeu a táboa de mandos... Porque na historia da humanidade había que obrar con violencia!

Mais os drons do Poder apreixárona nas súas redes. Non a deixarían volver á Civilización á que ameazou por uns minutos...

Tirárona nunha planicie do Polo Norte.

Decidiu a aventura de desaparecer, de non ser ninguén, de acabar sendo unha lenda erosionada polo boca a boca.

Deu un berro que caeu naquela soidade... Logo mordeuse unha man, a súa man hábil... Desangrouse, e alí conxelouse. "A Terra non é sitio de lágrimas, cando é tanto o mar...", pensou, baixo aquel lenzo de ceo e as nubes quedas coma un templo... De que valía un soño reducido a unha pinga? @mundiario



   

Comentarios