Un día de doble celebración

Día das Letras Galegas. / RR SS
Día das Letras Galegas. / RR SS

Coinciden na mesma data o Día das Letras Galegas e o Día Internacional contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia.

Un día de doble celebración

Hoxe é un día de doble celebración: é o Día Internacional contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia. E por outro lado é o Día das Letras Galegas.

Que coincidan no tempo estas duas datas débese a que un 17 de maio de 1990 a asamblea xeral da OMS eliminou a homosexualidade da sua lista de enfermidades siquiátricas, e un século antes, outro 17 de maio, en 1863, publicouse o libro de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcou o comezo do renacemento cultural galego.

Aínda que son acontecementos moi dispares o común deles é que en ambas datas, e con diferentes causas, iniciouse un rexurdimento. Nun caso un rexurdimento cultural e dende 1963, cen anos despois da publicación do libro de Rosalía, son homenaxeadas persoas destacadas pola sua creación literaria no idioma galego. Este ano hónrase a figura de Xela Arias, una poetisa rebelde e trasgresora que fixo que a nosa lingua estivera presente.

Una concentración a favor de los derechos de la comunidad LGTB en Ciudad de México en 2018. / Instagram

Unha concentración a favor dos dereitos da comunidade LGTB en Ciudad de México en 2018. / Instagram

Por outra parte, o 17 de maio de 1990, hai 31 anos, a OMS eliminou a homosexualidade da sua lista de enfermidades mentais e con ese paso iniciouse un proceso tamén de rexurdimento na discriminación das persoas pola sua orientación sexual e identidade de xénero.

O PSOE, no manifesto de 2021 contra a LGTBIfobia, indica que en tódalas rexións hai persoas que sufren violencia e discriminación pola sua orientación ou identidade sexual. O meu partido amosa así todo o seu apoio a todas as persoas LGTBI que son perseguidas aínda hoxe en moitas partes do mundo. Na actualidade aínda máis de 70 países condean actos sexuais entre persoas do mesmo sexo con penas de cárcere. E ao menos en 5 países (Mauritania, Irán, Sudán, Arabia Saudita e Iemen) manteñen a pena de morte.

Estas discriminacións aparecen, na maioría das veces, na idade adolescente, habendo unha taxa de suicidios moito máis altas en persoas do colectivo fronte as que non sufren esta discriminación.

Con días coma hoxe intentamos que a sociedade sexa conscente da discriminación no noso colectivo, sobre todo neste momento no que os partidos de dereitas intentan deter todo o camiño que estamos a percorrer en canto aos dereitos LGTBI.

Este 17 de maio sairemos a rúa por dous motivos: por unha banda para defender a nosa lingua como vehículo trasmisor idiomático e por outra banda para loitar e seguir avanzando contra os delitos de odio cara as persoas con distintas orientacións sexuais e de identidade de xénero. @mundiario

Un día de doble celebración