Sentenza favorable a un titular de preferentes colocadas pola antiga Caixanova na Coruña

O Xulgado de Primeira Instancia de A Coruña decreta a nulidade do contrato e, xa que logo, condena á entidade bancaria a devolver á demandante os seus 28.000 euros, máis os xuros legais que correspondan.
Sentenza favorable a un titular de preferentes colocadas pola antiga Caixanova na Coruña

O Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de A Coruña vén de ditar sentenza pola que estima a demanda interposta por E. L. P., baixo a asistencia xurídica do despacho de avogados de Xoán Antón Pérez-Lema, contra Novagalicia Banco e, xa que logo, declara a nulidade do contrato de adquisición de participación preferentes Caixanova emisión 17.06.2009 na contía de 28.000 euros, contratadas o 3 de xuño de 2009 na oficina de Perillo-Oleiros (A Coruña) de Caixanova.

Estimada a demanda, o Xulgado decreta a nulidade do contrato e, xa que logo, condena á citada entidade bancaria a devolver á demandante os citados 28.000 euros, máis os xuros legais que correspondan, incrementados en dous puntos, desde o 3 de xuño de 2009 (data da contratación) ata o 12 de abril  de 2013, data da sentenza xudicial. Desta contía deduciránse os xuros aboados pola entidade á actora.

A sentenza considera anulable o contrato por erro nas cualidades esenciais do producto adquirido, considerando que do devandito erro non era doado sair, e, todo iso, tendo en conta a condición de minorista da demandante, a relación de confianza existente coa entidade, e o novidoso, complexo e antípico das participación preferentes como producto financeiro híbrido, pois nin son renda fixa pura nin poden ser asimilados ás accións/renda variable, malia que sí computaban como tal.

A sentenza é recorrible ante a Audiencia Provincial de A Coruña.

Sentenza favorable a un titular de preferentes colocadas pola antiga Caixanova na Coruña
Comentarios