Rajoy e Guindos fixéronlle perder 9.000 millóns á Facenda adiantando a poxa de NCG

Sede de Novagalicia Banco.
Novagalicia Banco.

Compre lembrar que o memorándum aprobado pola UE dáballe ao Estado tempo ate a fin de 2017 para vender NCG. O adianto da súa poxa foi por decisión propia de Guindos e Rajoy.

Rajoy e Guindos fixéronlle perder 9.000 millóns á Facenda adiantando a poxa de NCG

Compre lembrar que o memorándum aprobado pola UE dáballe ao Estado español tempo ate a fin de 2017 para vender NCG. O adianto da súa poxa foi por decisión propia de Guindos e Rajoy.

O Ministerio de Economía ven de recoñecer, respostando unha pregunta parlamentaria, que adiantou catro anos a poxa de NCG Banco (agora Abanca) por mor dun informe dunha consultora internacional que lle advertía da posibilidade dunha grave deterioración dos activos do banco público. Das resultas dese informe, o Goberno do Estado vendeulle o banco a Banesco en 1003 M€, un 10% do diñeiro gastado no seu saneamento, perdendo 9000 M€ (nove veces o orzamento galego en Educación). No seu primeiro ano integrado en Banesco Abanca gañou xa máis do que custara.

Compre lembrar que o memorándum aprobado pola UE dáballe ao Estado español tempo ate a fin de 2017 para vender NCG. O adianto da súa poxa e, xa que logo, os 9000 M€ de perdas, son decisións proprias de Guindos e Rajoy. A eventual deterioración do valor dos activos de Novagalicia Banco era tan probábel como a de Bankia ou calquera outra entidade. NCG Banco enfrontaba o dano reputacional da débeda subordinada, mais mantiña a principal rede de Galicia, o mellor cadro de persoal, unha cota próxima ao 35-40% en préstamos e depósitos en Galicia e un presidente executivo, José María Castellano, cun proxecto claro para manter a singularidade e galeguidade da marca. Un presidente continuamente cuestionado polo FROB que chegou boicotear decisións por él adoptadas no estricto ámbito das súas competencias corporativas.

Quere isto dicir que as ruinosas resultas da poxa de NCG Banco para a Facenda pública poden ser froito da incompetencia e da trapallada. Mais compre non desbotar ningunha hipótese. Lembran vostedes aquelas presións para que NCG Banco fose engulido a baixo prezo por un grupo estatal, quer o Santander, quer Caixabanc? Puido ser este informe unha xustificación para lle entregar a meirande parte do mercado bancario galego a un grupo estatal? Porque foron excluídos os Fondos internacionais da posibilidade de se beneficiar dos créditos fiscais do banco? 

Canto á Xunta, semella que Alberto Núñez Feijóo tentou evitar esta poxa e non puido, pola falla de poder político abondo fronte a Madrid. Porque isto non vai de Gobernos amigos. Vai de poder gobernarmos nós o noso, xa que os de fóra andan sempre ao seu. E as razóns de Estado de Madrid nunca coinciden cos intereses galegos.

Comentarios