Dilacións continuas, burocracia e ausencia de impulso caracterizan o Igape

Permanecen sen clarexar os sumarios que levaron á detención e enxuizamento do anterior director xeral e doutros colaboradores, constata o portavoz dos socialistas galegos nesta análise.
Permanecen sen clarexar os sumarios que levaron á detención e enxuizamento do anterior director xeral e doutros colaboradores, constata o portavoz dos socialistas galegos nesta análise.
En abril, o presidente Feijóo declaraba que o Igape ten realizado máis operacións nos últimos anos que en toda a historia anterior. Unha afirmación temeraria que non resiste analisar os propios datos do Instituto. Agás que a suma de pequenos axudas ós xuros dos productores da uva poidan considerarse política empresarial, o certo é que no ano 2008 -goberno de Touriño-, o Igape tiña recursos previstos por valor de 212 millóns de euros, que executaba nun 94%, 199 m€ efectivamente transferidos ás empresas, e que no ano 2013 -goberno de Feijóo-, os recursos iniciais ascendían a 60 m€ e foron executados 24 m€, oito veces menos. Basta ver os datos últimos sobre os avais e préstamos do Igape.
As empresas que se dirixen a este grupo informan das dilacións continuas, da tramitación burocrática e da ausencia de impulso que caracteriza a ese Instituto. Unha entidade xenerosa no gasto corrente e de funcionamento, dotada dunha elevada plantilla, 150 persoas incluindo Xesgalicia, e carente de calquera tipo de análise de eficiencia ou auditoría de resultados. Mesmo permanecen sen clarexar os sumarios que levaron á detención e enxuizamento do anterior director xeral e doutros colaboradores.
Si ampliamos o foco, á real execución dos orzamentos doutras áreas da Xunta, investidoras ou con accións de impulso da economía, o balance é desolador: en comparación co 2008, no ano 2013, os recursos en infraestruturas baixaron un 45%, un 73% en vivenda, un 40% en turismo, e un 26%, en I+D. Velaí o retrato da política económica de Galicia.