O modelo de cidade definido no vixente Plan xeral de ordenación municipal da Coruña (PXOM), levado a pleno polo PP de Carlos Negreira e aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia no ano 2013, segue en esencia o modelo establecido no anterior Plan Xeral do ano 1998 que foi elaborado no marco da lexislación de “liberalización” do solo e nun contexto socioeconómico e político que facilitou a expansión da burbulla inmobiliaria e o predominio da especulación inmobiliaria.
As previsións de crecemento marcadas polo PXOM, que estipula a posibilidade de construción de 24.642 novas vivendas, téñense demostrado erróneas, nunha cidade que leva máis dunha década estancada poboacionalmente. Unha estratexia de transformación especialmente fallida para un Concello de moi pouca superficie e unha grande riqueza patrimonial e natural, cunhas necesidade de rexeneración urbanas moito maiores que de consumo de novo solo.
O PXOM actual herda do anterior a sobredensificación e os desequilibrios entre os distintos barrios da cidade, os problemas de mobilidade e accesibilidade, a non adaptación ao cambio climático e a transición ecolóxica xusta (especialmente evidente no borde litoral).
Durante os período 2015-2019, a través da Concellaría de Rexeneración Urbana que tiven o privilexio de encabezar, promovéronse varias modificacións puntuais do Plan xeral que estiveron encamiñadas a mitigar algunhas das consecuencias máis negativas e inmediatas do vixente plan, como por exemplo, a modificación do Plan que afecta aos terreos da “Solana” para recuperar o seu carácter público ao servizo do conxunto da cidadanía; ou a modificación do Plan dirixida a protexer e poñer en valor o patrimonio histórico e cultural, incorporando ao catálogo do Plan xeral elementos merecedores de ser conservados para as xeracións futuras, que ten que seguir a súa senda de ampliación, protexendo elementos de grande valor, como a Lonxa do Gran Sol.
Balance de los equipamientos urbanos en A Coruña ante las elecciones del 28-M
Oleiros concede más licencias que A Coruña, que tiene cinco veces más habitantes
José Manuel Sande ve o goberno de Inés Rey sin proxecto e “baseado nao ocorrencia”
Sande aposta pola descarbonización da Coruña como oportunidade para a economía verde
Axustar a normativa urbanística á realidade
Pero esas melloras e axustes no planeamento non son suficientes. Pasados 10 anos dende a aprobación definitiva dun PXOM que xa naceu desfasado, o próximo goberno municipal terá a responsabilidade de axustar a normativa urbanística á realidade e necesidades da cidade, cando menos nestos ámbitos:
A proteccción do borde litoral, para adaptar a cidade á crise climática e protexer a paisaxe litoral, evitando pantallas arquitectónicas ou acumulación de volumes, creando unha infraestrutura verde litoral. Estas determinacións implicarán a revisión das zonas urbanizables no entorno litoral, como son o Portiño, Percebeiras, o Parque da Torre, Durmideiras, Maestranza ou o ámbito da Ría do Burgo.
A revisión das previsións para os Peiraos interiores da cidade. É preciso recuperar a senda marcada no período 2015/2019 que mudou a folla de ruta prevista para o Porto da man da cidadanía, a través de procesos participativos como Tecendo Litoral ou Tribuna Pública. O Porto tense aberto á cidadanía pola vía dos feitos, é o momento de enchelos de vida a través dunha programación cultural e deportiva estable, apoiada nunha rede equipamentos públicos, recuperando as edificacións preexistentes. É necesario modificar o planeamento para blindar a titularidade pública dos terreos e ampliar as dotacións de espazos libres e zonas verdes.
O Porto ten que seguir sendo tamén motor económico da cidade, con usos productivos e loxísticos vencellados ao transporte, á economía do mar, á pesca e os seus derivados, á gastronomía ou o turismo sostible.
Tamén é preciso afondar no respeto e recoñecemento dos núcleos rururbanos da cidade. Dende Nostián ate San Vicente de Elviña, pasando polas Xubias ou San Pedro de Visma, na cidade temos un patrimonio que compre protexer. É preciso un plan sensible que delimite correctamente estos asentamentos para permitir a súa consolidación e ampliación, respetando a súa morfoloxía. Ao mesmo tempo, sería preciso recoñecer e regularizar situacións habitacionais creadas no pasado polo propio Concello, como é o caso do barrio do Campanario, que debe ser obxeto dun plan de intervención integral que mellore as súas caraterísticas.
Vistas de A Coruña. / Xurxo Lobato
A situación da vivenda na cidade
O plan tamén debe abordar competentemente a situación da vivenda na cidade, aumentando as porcentaxes de vivenda protexida destinada ao aluguer e regulando e limitando a vivenda turística. Favorecendo a rexeneración e rehabilitación urbanas para poñer en movemento o amplo parque de vivenda baleira en desuso.
A realidade metropolitana ten que reflexarse no planeamento municipal, a cidade da Coruña non empeza no Obelisco nen remata na Pasaxe, os límites do Concello son cada vez máis importantes e teñen sido esquecidos no pasado.
O próximo mandato será o dos desafíos estruturais da cidade, o dereito á vivenda, a mobilidade sostible, a adaptación á crise climática ou a loita contra a desigualdade, que precisan dun novo PXOM que lles dea respostas. A próxima corporación ten a responsabilidade de conseguilo.
Xa que logo, o próximo mandato será o dos acordos. Temos un exemplo virtuoso no goberno de coalición a nivel estatal, que demostrou como se pode lexislar a favor da xente. A cidade precisa a mesma valentía, non se pode permitir outros 4 anos de inacción. @mundiario