Hai menos dun ano, en vésperas das eleccións municipais, compartía nun xornal dixital do Condado, a través de dous artigos, algunhas reflexións coas que pedía o voto para o BNG en Ponteareas. Dicía entón que non deixaba de sorprenderme a rapidez coa que transcorre o tempo e a vida e a velocidade vertixinosa que acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos. E botaba man do título do cadro de Paul Gauguin e da letra da coñecida canción de Siniestro Total, “De onde vimos? Quen somos? Onde imos?”, interrogantes filosóficos que, aplicados a un mundano proceso electoral, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, a súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos.
Estes mesmos pensamentos asaltáronme nestes días ao ver como posibilidade certa que Ana Pontón sexa a próxima Presidenta dun goberno galego liderado polo BNG.
Coñecín a Ana a comezos da década dos 90 cando Santiago de Compostela, a capital galega e univesitaria, fervía. O movemento ecoloxista, o sindicalismo estudantil nacionalista, as mobilizacións antimilitaristas pola insubmisión ou contra a guerra de Iraque, os movementos culturais e de defensa da lingua como A Mesa, o feminismo da MNG ou o rexeitamento dos fastos do quinto centenario conformaban un ambiente no que, dende a sensación de incesante descubrimento, xurdía o entusiasmo por mudar todo a través dun movemento, o nacionalismo, que nos parecía imparábel. E nas reunións, nas concentracións, nas manifestacións ou nos mítines que compartiamos aquela xeración unha moza sobresaía, e non só pola súa estatura que a facía tan visíbel e inconfundíbel, senón pola súa determinación e firmes conviccións que agora a poden levar á presidencia do noso país.
Nesa xeración con arelas utópicas por cambiar o mundo fomos afortunados. Non estabamos orfos e tiñamos referentes que, en tempos aínda máis difícis, os da clandestinidade e da chamada transición, crearan os alicerces do que hoxe é o nacionalismo galego no senso máis amplo do termo. Con eles aprendemos dos acertos e dos erros e nos convertemos dende moi novos en cadros políticos, unhas, coma Ana, no ámbito galego, e outros, coma min, na vida municipal.
Pontón o Rueda a la luz de O'Brien y Camus
Rueda o Pontón: son las alternativas
O resultado do esforzo e traballo denodado de milleiros de persoas
No periplo que nos trouxo até 2024 houbo de todo: éxitos e fracasos, divisións e reconciliacións, amarguras e alegrías, mais, por enriba das coxunturas, botando a vista atrás, podemos sentirnos máis que satisfeitos: o nacionalismo galego, case dende a nada e con todo en contra, en catro décadas foi quen de contribuír á normalización democrática deste país e ao seu pluralismo político, cunha admirábel capacidade de resiliencia que nos levou da marxinalidade a protagonizar a alternancia política e acadar un apoio social maioritario e o poder en lugares que, como Ponteareas, parecían feudos inexpugnábeis da dereita e inalcanzábeis para nós. E se en 2005 vivimos o acontecemento histórico de ser parte do goberno galego, hoxe, apenas 20 anos despois, o nacionalismo está ás portas de lograr o maior fito da súa historia: presidir ese goberno co maior apoio electoral de todos os tempos.
O momento que estamos a vivir non é o resultado dunha coxuntura imprevista, non é o efecto dunha moda, non é froito de ocorrencias ou discursos efectistas, nin dunha operación de marketing sustentada por poderes mediáticos ou fácticos. É o resultado do esforzo e traballo denodado de milleiros de persoas que coa súa entrega dotaron ao nacionalismo duns cimentos a proba de calquera sismo sociopolítico. Ese enraizamento do BNG e do nacionalismo nas súas innumerábeis vertentes do activismo sociopolítico púxose a proba na segunda década deste século: con varias fracturas internas autodestrutivas, acompañadas dun inexplicábel renegacionismo da nosa experiencia na Xunta, abandonouse a estratexia aperturista, interiorizando e aceptando acomplexada e acríticamente o discurso dos adversarios, que si entenderon -e por iso combateron despiadadamente en 2009- o perigo que se lles aveciñaba cun nacionalismo que se sacudía dogmas e estereotipos para ensanchar a súa base social. O BNG vivíu entón unha perda de apoio electoral sen precedentes, agudizada pola aparición de novos inventos e artiluxios políticos efémeros, pero bendicidos tristemente dende visceralidades fratricidas, que o deixaron ao borde do desafiuzamento político. Aspirar hoxe á presidencia da Xunta co liderado de Ana Pontón é a mellor proba de que, por enriba do apoio electoral coxuntural, flutuante e cada vez máis volátil, o nacionalismo está sostido, por debaixo, por un tecido político e social organizado de innumerábeis maneiras, resistente a calquera adversidade e sempre preparado para momentos mellores.
Ana Pontón y Roberto Mera / © Emilio Rodríguez Otero en comarcasnarede.com
Os tempos son chegados e os benignos astros de Pondal parecen estar aliñados xusto cando o nacionalismo, en plena revolución feminista, se personifica nunha muller como Ana Pontón. A cohesión do BNG, simbolizada nas emotivas reconciliacións internas destes días, o desinflamento daqueles artefactos políticos que se desplomaron polo seu propio peso e o renovado -e recuperado- discurso político, nas formas e no fondo, que representa Ana Pontón e o seu liderado, explican esta onda imparábel que, coma nun maremoto, aumenta a súa potencia e a súa forza conforme se achega á beira dunha costa que se chama 18 de febreiro.
A escola de aprendizaxe
Compartín Executiva Nacional do BNG con Ana Pontón entre 2005 e 2009 e aquelas reunións semanais foron, para min, a escola de aprendizaxe dunha nova cultura política do nacionalismo, concebida entón por Anxo Quintana, que rachaba con paradigmas dos que eramos -ou nos facían- reféns: había que ensanchar a nosa base social, dirixirse a nacionalistas e non nacionalistas, a quen fala galego e a quen non, era necesario aceptar o presidencialismo electoral sen confundilo co denostado personalismo, aparcar estridencias e dar paso ao sosego na mensaxe e todo iso sen renunciar aos nosos postulados ideolóxicos.
Escoito estes días a Ana Pontón, co seu propio estilo e impronta, poñendo en valor esa cultura política. “Hai moitas formas de sentirse galego e todas son necesarias para construir a Galiza en grande que queremos e merecemos”, repite unha e outra vez cun ton de serenidade e respecto que, por contraste coa crispación “madrileña”, a sociedade galega aplaude e agradece. A dereita foi letalmente ferida no seu talón de Aquiles: unha sorte de enterrador inexpresivo, luctuoso e vácuo deixouno claro a pasada semana no atril central do debate no que o seu intenso negro confrontou co branco de Ana Pontón, nunha pugna entre a noite e o día e entre a resignación e a esperanza.
En 2019 o nacionalismo en Ponteareas acadou o mellor resultado da súa historia e moitos e moitas vivímolo coa emoción propia de quen o logra despois de enormes sacrificios e comezando dende a nada, un éxito colectivo tristemente empañado despois co pasamento de Xosé Represas e a perda dun goberno que con el nunca se tería perdido.
Agora tampouco será doado, pero todo está encamiñado para vivir unha nova e emocionante proeza. “Tem de acontecer, porque ten de ser / E o que tem de ser tem muita força / E sei que vai ser, porque tem de ser / Se é para acontecer, pois que seja agora”, canta Deolinda. Nas mans de todos e todas nós está que sexa Agora! e que Ana Pontón se converta na primeira presidenta da nosa historia á fronte do goberno que nos merecemos. @mundiario