TRÁILERS

Alborada de Rosalía, desde a Universidade da Habana

Ao celebrarse o 185º aniversario da escritora Rosalía de Castro (Santiago, 1837 - Padrón, 1885), chega esta Alborada de Rosalía recitada polas alumnas da Cátedra Galega da Universidade da Habana. Rosalía foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Símbolo do pobo galego, tamén é considerada, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, a precursora da poesía española moderna. Aínda que foi unha asidua cultivadora da prosa, onde Rosalía de Castro sobresaíu foi no campo da poesía, a través da creación das súas tres obras clave: Cantares galegos, Follas novas e Nas beiras do Sar. Como di a tamén escritora galega María Xosé Porteiro, "mirade que xoia". @mundiario