Votar a Vox

Santiago Abascal en un mitin de Vox. / RR.SS
As últimas enquisas revelan un fenómeno inquietante: Vox lidera a intención de voto entre a mocidade menor de 30 anos en España, cun apoio superior ao 25%, por riba de PSOE e PP.

Da lectura das enquisas actuais se desprende que Vox ten captado o voto de entre 18 e 30 anos de  moitos  mozos, nunha porcentaxe  de mais dun 25%.

O Partido socialista mantense dentro desas franxas de idade no contorno do 20-21%

E, o Partido Popular movese ao redor do 19%.

E dicir, Vox é o líder entre a mocidade menor de 30 anos na chamada “intención do voto “.

Declara esa mocidade, a súa “intención” pero, o  certo, é  ca hora de votar o fan en menor medida.

Son moitos os motivos e razóns estudiados polos politologos e sociólogos que destacan razones coma : a falta importante de traballo nese tramo de idade; a vivenda relacionada ca emancipación; a fonda influencia nesas persoas das redes sociais coma Tik-Tok ou Instagram, que lle simplifican calquera solución  en vídeos cortos con mensaxes e contidos contra sistema, e, que prometen solucións en relatos simples; as desigualdades territoriais e nas cidades; certos contidos contra-feministas nos varóns, a falla de credibilidade nas institucións; a importante desafección política actual, ou a inmigración, entre outros. 

Está claro que paliar ou mitigar estes problemas de forma efectiva, pasa necesariamente por: facilitar oportunidades de  traballo a esta mocidade; construír vivenda pública en oferta de aluguer para a mocidade que desexa emanciparse (hoxe o fan a partires dos 30 anos); unha mellor educación cívica nos centros de ensino e formación profesional, con contidos prácticos sobre pensamento crítico hoxe inexistente; intervir nas redes no mesmo idioma cos mozos, explicando  as solucións e as dificultades; facer entender que España e diversa, e, ca igualdade de oportunidades beneficia a todos, sobre todo os mais dependentes do público, ou ca violencia e os insultos non son nunca solucións.

Doutra banda, a actividade de asociacións culturais, deportivas, os centros cívicos de barrio, os partidos políticos, e, sobre todo o esforzo educativo, son claves neste proceso de convicción que debera ser motivo de preocupación na sociedade democrática reforzado pola implicación dos concellos, das autonomías e sobre todo do goberno do País.

Todo elo é moi complexo de xestionar, con competencias repartidas tanto no político, coma no educativo, económico e cultural.

Hai moito mozo (e non tan mozo) que cree de boa fe ou por ignorancia, co conseguido ate hoxe en materia de servicios e dereitos, non se vai estragar polo seu voto a Vox.

Reciben con agrado as mensaxes autoritarias deste partido que lles promete maior liberdade e maior seguridade ao mesmo tempo, o que compromete unha das dúas afirmacions, e opera sobre as emocións do momento.

Moita xente nova e mancebos camiñan cara ao matadoiro coma ovellas voluntarias, sen sospeitar  cos dereitos de hoxe chegaron despois de  sacrificios e loitas sociais e políticas durante moito  tempo polos seus avós e pais. Pola sociedade no seu conxunto.

Non recean estes mozos que todo o construído pódese desfacer en moi pouco tempo polos xestores políticos dos intereses do mercado e do gran capital.

Isto non é unha conxectura, deuse xa en países coma no Reino Unido co goberno de Margaret Thacher, o Chile de Pinochet, a Arxentina de Menem...   

Mocidades que non viviron a ditadura, sen experiencia política antidemocrática algunha, sen os necesarios coñecementos históricos, e, descoñecedores de estes herdeiros da tiranía, que son hoxe, quen de levarnos novamente a outra  longa noite de pedra. @mundiario