PSOE e PP non falan de Galicia, Espazo Común Galeguista sí
O primeiro fin de semana da precampaña electoral en Galicia trouxo consigo o desembarco do PSOE na Convención Socialista da Coruña. Neste evento, duas grandes conclusións destacaron, sen embargo, chama a atención que ningunha delas se refira á nosa terra. O Goberno propón unha defensa total da amnistía para os procesados por terrorismo en Cataluña, considerándoa clave do novo ideario socialista. A segunda conclusión apunta a unha necesidade de mellora en matemáticas. Sen dúbida, un punto interesante, pero ¿e Galicia? ¿Non merece a nosa terra unha proposta específica?
Do lado do PP, a súa Interparlamentaria en Ourense tamén deixou claras dúas conclusións principais. A primeira: é necesario derrotar o "sanchismo". A segunda: piden que non se vote a Vox e que, en cambio, se lles vote a eles. Non obstante, atopamos a mesma ausencia de propostas específicas para Galicia. Nestas eleccións autonómicas galegas, a xente espera falar dos problemas e solucións propias do noso país, non da amnistía nin de Vox.
Espazo Común Galeguista, desde o seu compromiso coa defensa e promoción dos intereses de Galicia, sinala a necesidade de centrarse nas cuestións que realmente afectan á nosa comunidade. É o momento de poñer sobre a mesa as propostas que mellorarán a vida dos galegos e galegas.
É fundamental que os partidos políticos volvan a sintonizar co pulso dos cidadáns galegos. Espazo Común Galeguista entende que Galicia require atención e solucións específicas para os seus retos. Non é momento de desviar a atención cun debate sobre a amnistía en Cataluña ou con chamadas a non votar a un partido concreto. A nosa xente necesita propostas claras e efectivas.
É hora de que os partidos políticos mostren o seu compromiso co desenvolvemento de Galicia. Espazo Común Galeguista propón que os debates se centren nas infraestruturas necesarias, na creación de emprego, no reforzo dos servizos públicos e na promoción da nosa cultura. É imprescindible que os candidatos dediquen o seu tempo a elencar propostas concretas para facer de Galicia un lugar mellor para vivir.
En resumo, estas eleccións autonómicas deben ser un espazo de diálogo e propostas centradas en Galicia. As demandas da nosa comunidade son particulares e merecen a atención dos partidos políticos. Espazo Común Galeguista está comprometido coa defensa dos intereses de Galicia, e insta a que todos os partidos sigan o exemplo, deixando de lado debates que non aportan solucións para a nosa terra. É o momento de falar de Galicia, dos seus problemas e das súas solucións. @mundiario