Galicia: Vese vir

Una pareja. / Pixabay
Una pareja. / Pixabay

Todos os galegos e as galegas estamos enriba dunha bomba demográfica de previsibles consecuencias, si, moi previsibles a pouco que o queiramos ver

Galicia: Vese vir

A inquedanza e a paixón política que cada un de nós levamos dentro, fai que diante de cada acontecemento que sucede en Galicia, vexamos unha  oportunidade de aportar ideas ou estratexias que axuden a mellorar as cousas.

Paréceme moi necesario, de vez en cando, volver ós asuntos  de debate clásicos, estruturais, a eses problemas que nos atenazan como pobo e que nos limitan cara o futuro, a eses dramas silenciosos que, ou non son noticia ou se o son, semellan cousas que teñen que pasar e punto, inevitables.

Si, xa sei que son malos tempos para o debate fondo, son tempos de máster, procés, ou Casa Real; pero un non pode evitar que nesta oportunidade o pensamento fuxa cara ás cousas que nos van a definir nos próximos anos, individual e colectivamente.

Tamén sei que se leva moito falar dos esgotadores, interminables e cansiños problemas internos dos nosos partidos políticos, que seguen deambulando perdidos nos labirintos orgánicos dos odios, as vinganzas e os desencontros; asuntos que fóra, na rúa non lle interesan a ninguén, porén hoxe quero dedicarlle unhas verbas ó que para min é o Gran Problema de Galicia.

Todos os galegos e as galegas estamos enriba dunha bomba demográfica de previsibles consecuencias, si, moi previsibles a pouco que o queiramos ver. Evidentemente, a zona cero, vai a ser a Galicia rural, a interior, pero que ninguén dubide que as consecuencias serán unha Galicia hemipléxica, de dúas velocidades, con graves consecuencias para todos e todas.

Pasamos de ser o 11 % da poboación de España a representar pouco mais do 5,8%, temos a maior taxa de envellecemento, a menor taxa de natalidade e, o máis grave, os poucos mozos e mozas que temos, nun número moi importante, teñen que marchar

Vese vir, desde hai tempo: pasamos de ser o 11 % da poboación de España a representar pouco mais do 5,8%, temos a maior taxa de envellecemento, a menor taxa de natalidade e, o máis grave, os poucos mozos e mozas que temos, nun número moi importante, teñen que marchar fora da comunidade por non ter oportunidades laborais, nin expectativas de desenvolvemento vital.

Durante o Goberno galego, formado pola  coalición PSdeG - PSOE e BNG, este asunto formou parte principal da axenda política, cun gran esforzo de reequilibrio territorial, con propostas de discriminación positiva cara a Galicia interior, con fórmulas para mobilizar a terra e modernizar o agro, con impostos as grandes hidroeléctricas para reinvestir nas zonas afectadas .

Iniciamos un camiño que non só se cortou senón que non está nin na axenda política do país.

O problema esta aí, cada vez mai ameazador e con maior dimensión, por iso sería moi importante que todos, sociedade civil, partidos políticos, universidades, forzas sindicais e empresariais procuráramos un gran acordo para a reactivación demográfica en Galicia, con rigor, con tempo, sabendo que haberá  que tomar decisións  tan complexas como necesarias. De non facelo, semellaríamos a orquestra do Titanic e dentro de dúas ou tres décadas, as futuras xeracións dirán: 

– Pero isto, os nosos irresponsables políticos non o vían vir? @mundiario

Galicia: Vese vir
Comentarios