TRÁILERS

GHALEGHO

Pois sí. Ghalegho é o vídeo de Noelia Gómez que arrasa xa na rede. "Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego", explica esta estudante de Xornalismo, apoiada por Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey. Promete.
Comentarios