Os dous, xa falecidos, naceron en Santiago, cidade na que terán placas nas casas onde chegaron a este mundo. A iniciativa foi da APG, que preside María Méndez.
O compromiso de Pablo González Mariñas co País foi, sempre, nidio e robusto. Así consta en tódalas súas intervencions e actuacións políticas. Ninguén pode discutilo.
Colaborador de MUNDIARIO, foi durante anos político, escritor e profesor universitario de Dereito Administrativo. Representa un dos principais valores do Dereito Público galego.