EURORREGIÓN
O PIB de Galicia cae menos que o do conxunto de España, lonxe da media da UE
A economía galega presenta unha contracción do PIB inferior á do conxunto de España: -6,2% fronte a -9%. O terceiro trimestre de 2020 caracterízase por unha achega negativa tanto da demanda interna (5,4 puntos porcentuais) como, en menor medida, a externa (8 décimas).