Discurso pronunciado no Parlamento de Galicia no Día da Galeguidade Empresarial, xa anunciado e comentado en MUNDIARIO por Xosé González Martínez, presidente do Foro E. Peinador.
Síntome moi honrado de poder tomar a palabra neste lugar, onde está representado o meu pobo, e poder dirixirme a todos vostedes na nosa fala. Cando era neno -e me reprendían por falar en  galego- nunca soñei que poderia chegar tal día como hoxe. Pois xa non é un soño: un cidadán corrente pode falar na sua língua diante do Parlamento do seu país.
Moito temos avanzado, pero ainda queda moito camiño por diante. Falar galego xa non é un delito nin é, (como era antes en certos médios), motivo de ridículo.
Nas últimas décadas o avance do galego, na regulación normativa e no recoñecemento social, foi certamente moi importante. O idioma  que é o elemento cultural mais importante do país-, sigue vivo na sociedade e na vida cotiá. O compromiso e o traballo de moitas persoas permitiu que sobrevivise a tempos difíciles. Tamén cómpre destacar o labor político desenvolvido por os deputados actuais e por cantos os precederon nesta tarefa-,  na defensa da nosa língua.
Polo tanto, quero expresar publicamente a miña gratitude aos diputados aqui presentes e a cantos pasaron por esta cámara, e que traballaron para que esto sexa unha realidade. Tamén aproveito a ocasión, (aínda que non sexa o motivo desta xuntanza), para manifestar o meu desacordo coa demonización dos políticos e da política. Porque non é certo que todos os políticos sexan corruptos. A corrupción está na sociedade e chega ao exercicio da política igual que a outros ámbitos. E terá que ser a política a que procure sanear e rexenerar a vida pública, do mesmo xeito que é a vontade política a que pode garantir a pervivencia e potenciación do noso idioma.
Porque a nosa língua, ainda que perde implantación social, (segun os últimos informes), nunca estivo tan ben.
Hai anos falar galego era proprio de paletos ou de roxos separatistas. Hoxe convertiuse nun signo de calidade e de cultura. Falar galego é moderno, falar galego é de persoas cultas e mesmo pode ser rendible. Falar galego identifícanos co país e concédenos visibilidade propia. É un signo de distinción. As campañas publicitarias mais exitosas fixéronxe en galego, cada día son mais as empresas galegas –e de fóra- que utilizan o noso idioma para comunicarse cos consumidores e cos seus propios traballadores. Quero decir que estamos chegando á conclusión de que o galego non é un idioma de confrontación nin de polémica: é simplemente a nosa língua que nos permite comunicarnos entre nós e co resto do mundo.
Temos que ser optimistas, ainda que ás veces temos a sensacion de que algúns gobernantes non teñen a implicación necesaria para potenciar e protexer o idioma. E tamén hai sectores que entenden que o galego non é válido para o mundo do traballo, para os negocios e para a actividade empresarial. Eu considero que é todo o contrario: o galego é unha inmensa oportunidade para sermos mais considerados neste mundo globalizado.
A miña empresa forma parte desa “clase media” que nin é grande nin pequena, nin rica nin pobre, pero que con moitas outras de semellante factura, contribúen a vertebrar o entramado económico máis importante do país. Xeneramos emprego e pagamos impostos. Non podemos ter grandes tinglados pólo mundo para evadilos, estamos instalados na  legalidade, porque a nosa dimensión tampouco permite prácticas marxinais fora da lei.
Pero estas empresas somos decisivas para a riqueza colectiva.Sentímonos identificados co país e temos o maior interese por potenciar as nosas señas de identidade para seguir medrando e poder concurrir a mercados externos cos nosos produtos.
Hai quen non o comprende, hai moitos que non son conscientes de que na diferenciación está o futuro. Actualmente, a calidade dos productos dase por suposta. É tal o nível de esixencia que, sen acadar eses mínimos, non se pode estar no mercado. Mais cómpre diferenciarse entre a multitude e para eso a nosa identificación co país e co idioma propio pode servir, para resaltar a nosa visibilidade.
Mais tamén debemos decir que utilizar o galego no contorno empresarial ten uns sobrecustes que deben ser compartidos pola sociedade no seu conxunto. Da parcela política depende que se elaboren normativas que permitan facer eses custes máis asumibles. Non se trata de pedir esmola, senon de actuar con xustiza e facer inversións estratéxicas favorables para o país, para o noso idioma e para o tecido empresarial.
Na sociedade actual, cos avances tecnolóxicos que dispoñemos, a producción de bens ou servizos é relativamente doada. O difícil é atopar mercados. Galicia ten importantes materias primas, dispón de tecnoloxía e ten empresas que realizan o seu labor de forma competente. Temos que convencer aos mercados para que merquen os nosos produtos: nesa tarefa o galego pode axudar para facernos diferentes.
Sabemos que no mercado interno o galego ten gran aceptación. Hai un crecente sentido de país que está moito por enriba do reflexado politicamente  no Parlamento e que cómpre potenciar e aproveitar. Non hai motivo para non etiquetar e facer publicidade na nosa lingua. Nos mercados externos cada vez valórase máis coñecer a orixe dos productos e debemos destacar as nosas señas de identidade.
En definitiva, non temos ningun motivo para non utilizar a nosa língua con normalidade. Só temos que observar como as empresas estranxeiras, mesmo as grandes multinacionais que operan en Galicia, utilizan cada vez máis o galego. Non o fan por patriotismo: entenden que o uso do galego lles é rendible.
Antes de rematar quero agradecer ao Foro Enrique Peinador e á presidencia do Parlamento por ter organizado este magnifico encontro. Tamén quero agradecer aos meus colegas empresarios que decidiran adicar um día enteiro á nosa língua. Espero que este sexa un punto de inflexión para fortalecer o noso compromiso co idioma, para convencernos  de que a nosa língua pode ser a mellor ferramenta para decirlle ao mundo enteiro que somos bós, que temos bós produtos e que facemos as cousas ben. Falando en galego, por suposto.
Estes días saíu nos medios de comunicación que Suso de Toro volve á casa grande de UPG/BNG e que se presenta nas súas listas para o Parlamento Europeo. A primeira vista pode dar a impresión de que Suso vai dando voltas polo mundo (un pouco como facemos todos): primeiro demostrou a súa grande sintonía con Camilo Nogueira, despois alónxase do mundo nacionalista para entregarse en corpo e alma á revolución branda de Zapatero. Cando se atascou a escopeta do PSOE colleu un tempo  para reflexionar e mesmo deixou a escrita para incorporarse ao seu traballo de profesor. Pasada a crise inevitable por tanto desamor, volve á literatura e á loita política nacionalista nun momento de forte crise  en todos os partidos e moi especialmente na UPG/ BNG.
A min sorprendeume moito a noticia pero, dende a discrepancia, quero darlle os meus parabéns e resaltar a súa valentía. A decisión de recuperar a militancia no BNG non a comparto, pero sinto menos respecto pola desfachatez e as críticas dos listillos que, desde unha presunta pureza nunca se mollan;  fanlle o xogo á dereita máis recalcitrante dicindo que todos os políticos son iguais, cando a única maneira que temos de cambiar as cousas é traballando desde os partidos políticos existentes ou facendo outros novos. Se non entendemos esto poden pasar tres cousas: Non comprometerse en nada (e que nada cambie), non aceptar o marco democrático (e preferir unha dictadura) ou plantexar a loita armada (para facer a revolución  tomando copas e fumando canutos).
Suso comprométese, toma posición, e eso sempre é de agradecer.
Tamén estes dias aconteceron outros feitos importantes. Compromiso por Galicia (CxG) celebrou unha asemblea para decidir ás suas alianzas cara as europeas, na que por ampla maioría deciden concurrir con  PNV, CiU e CC. E tamén seguimos presenciando os lios permanentes na organización do vello profesor.
Xa pasaron dous anos desde que na Asemblea de Amio se fracturou o BNG. Fagamos un breve repaso do acontecido despois deste importante momento:
> Aínda non foi posible concretar os necesarios  proxectos alternativos á desfeita progresiva que se viña dando no BNG.
> Aspirantes a liderar novos proxectos fracasaron no intento, por falta de talento, de perseverancia e de liderazgo.
> Emerxeron das sombras vellos guerreiros caducados que, capitaneados polo “salvador permanente”, crearon unha ilusión electoral transitoria, vertebrada arredor do liderazgo de Beiras, que conseguiu aglutinar o descontento social e canalizar a necesidade de abrir novos camiños. Pero fixeron alianzas antinaturais que os está levando de Guatemala a Guateigual.
> Os restos do naufraxio do  BNG, onde queda pouco máis que a UPG, tampouco dan sinais de cambio e de abrir portas e fiestras para deixar entrar aire novo (a pesar dos malos resultados electorais).
> A desfeita do Estado de benestar, levada a cabo polo liberalismo máis radical, continúa o seu camiño implacable.
> O PSOE segue en caída libre.
> O PP bótalle tanta  cara dura á situación que, abusando da maioría absoluta e cunha total falta de respecto ás regras do xogo democrático, reduce os escanos do Parlamento, recorta as liberdades e os dereitos da muller e regala os  servizos públicos ás empresas dos seus amigos. Tamén carga, desde o poder, contra o propio país, contra da súa cultura e a súa lingua.
> A oposición permanece nunha actitude autista, pendente das súas propias feridas e das liortas internas, mentres a dereita esnaquiza a democracia, os servizos públicos e a identidade do país.
Sabendo do gran talento de Suso de Toro, do seu compromiso firme co país, e tendo en conta aquelo de que “un mozo non se fai nun verán”, igual as cousas poden empezan a cambiar realmente. É posible que lles pasaran a Suso información de que a UPG vai sacar un comunicado renunciando á loita sectaria e ao frentismo caducado para abrir un proceso progresista e democrático e vertebrar un partido de esquerdas normal?
Se asi fose, pode que esto comezara a ter xeito e que Suso  e outra  boa xente que ainda continúa nesa casa teñan un papel importante. Que os deuses os acompañen nese intento que todo pode suceder. No País Vasco, despois de tanto sufrimento inútil, as cousas van mellor; polo tanto non perdamos a esperanza.
Estes días, os mesmos que antes o criticaron e renegaron da súa figura, agora cantan loanzas nas plataformas dixitais decindo o “listo que é o Suso”, cando ata hai ven pouco era  un demo con cornos. Eu felicito sinceramente a Suso pola súa valentía, e desexo que na UPG/BNG sexan capaces de actualizar o  discurso porque a nova esquerda do vello Profe non está sendo “nova cociña”, nin “cociña tradicional”; máis ben semella un “pote xitano”. Mesturaron grelos, lentellas, garabanzos, cacheira, chourizo, unto, tomate, allos, aceite, pemento doce e picante... En definitiva, nin  caldo nin gazpacho: este remexido produce dores de barriga e xa podemos intuír como rematan.
Se Suso e os seus colegas fan ben os deberes e se Compromiso por Galicia (CxG) segue camiñando sen complexos pola senda marcada, igual comezamos a ter un país normalizado políticamente, porque as dúas alternativas son necesarias e cubren o espazo preciso.
As dúas organizacións  téñeno difícil. CxG bastante máis, porque parte dende cero e ten que ocupar un lugar que acadou certo desprestixio polo decorrer da historia, pero que é necesario para o ben común. A socialdemocracia, espazo que pretende representar CxG,  debe aglutinar a un amplo segmento da poboación que nin sequera sabemos se está disposto a loitar polo proxecto común do país ou se xa se entregou definitivamente ao Imperio.
A UPG/BNG teno algo máis doado; os do “pote xitano” xa plantexan retornar á casa grande. Comprobaron que fóra chove moito. O experimento co PCE non funciona e semella que moitos dos seus membros pensan que, para sufrir, é mellor  apoiarse no ombreiro dos amigos de antano.
Amigo Suso, moito ánimo e grazas por volver a escribir e por volver á política. Todos temos desacougos e necesitamos  parar de vez en cando para recuperar forzas. Ti non es, nin nunca o fuches, un entregado nin un traidor. Ti eres un home leal e comprometido co teu país; en cada momento podes decidir traballar onde mellor che pareza. Só unha cousa, dille da miña parte aos teus novos compañeiros que o inimigo non son os de CxG, nin os Martiños, nin os que traballan por un mundo e por un pais mellor, e que eles non teñen a exclusiva do País. Xa o dixera Castelao: a obra é tan importante que hai sitio para todos.
Por certo, a última obra está moi ben; pode que fose atinado que  escribiras outra sobre como teremos o país dentro duns anos. Se o fas, trata de que remate ben, porque se a vida real sigue  marcha atrás, polo menos seamos felices no teatro e no mundo virtual.
Benquerido Suso, saúde  e longa vida.
Ultimas novas:
¡Ollo ao parche! Martiño, xunto co PCE plantexan unha alternativa para o mundo dende Galiza titulada : “Non ao euro”.
“Menos mal, Galicia, Grecia e Portugal”. O programa vai ter moitas alternativas para un plan de traballo que consiste  en: “Nós ladramos e a direita que goberne”.
¡Mimadriña, como está a cousa!. Calquera dia sae Paco e mais Bautista decindo que hai que agudizar as contradiccións do sistema e eles que se pasan a VOX (para os que non estean ao día este é o partido de Ortega Lara).- Che Turnes.
Teño 61 anos, boa saude, ando ben de amores, teño unha familia maravillosa e vivo sen problemas económicos. Son o que se pode decir, un “urogallo” (que nós chamamos pita do monte), un paxaro que está en perigo de extinción.
Pero non son totalmente feliz, ainda que pouco me falta: só  quero que  cando marchen os cataláns me deixen ir con eles, non por que sean perfectos pero polo menos empréganse na pelexa. O de Galicia pode que non teña arranxo e que tamén o meu país seña outro “urogallo” en risco de extinción e que vai polo camiño do suicidio colectivo.
Teño a absoluta certeza de que se poden facer moitas cousas nesta nosa terra porque non é tan miserable como aparenta:
Hai bastante xenté normal que di e fai cousas normais.
Temos empresas que abren todos os días, respetan os traballadores, pagan impostos e gañan diñeiro.
Temos bastantes funcionarios que traballan.
Temos unha literatura e uns artistas que da gusto.
Temos sectores productuvos punteiros a nivel mundial coma o lácteo.
Temos..., temos, pero fáltanos algo fundamental que é a conciencia e o orgullo de sermos un país e de apostar por unha clase política con capacidade para garantir un mínimo de dignidade colectiva.
Este sí que é o problema: non hai conciencia colectiva de país. Os actuáis gobernantes actúan como unha sucursal barata do españolismo trasnoitado do PP, e agardamos impacentes para que o PSOE se amañe e recupere o protagonismo político perdido, porque ao galeguismo e o nacionalismo, hoxe en día, non o queremos contemplar como alternativa.
Se esta é a realidade, se realmente non queremos vertebrar o país,  ¿para que queremos unha caixa galega ou grupos lácteos, pesqueiros, etcétera?
Tinglados caducados
Xa temos Zara-Inditex, Citroen, Banco de Santander, Mercadona, Lactalis, ¿ou acaso queremos seguir facendo Marinedas-Cytis, mais aerportos, cidades da cultura ou apostar por tinglados empresariais xa caducados?
O das caixas non ten arranxo; hai tempo que morreron, os seus dirixentes foron uns incompetentes e uns ladróns, e a clase política que estivo con eles no escenario actuaron como cómplices e con absoluta neglixencia. O de Pescanova ven ser mais do mesmo: durou mentres tiña cobertura dos incompetentes anteriores;  e dos diferentes intentos  para crear  un grupo lácteo galego, qué se pode decir?, pois igual, foron diferentes  pandas de directivos mediocres e incompetentes pero sen a cobertura política e financeira suficiente.
Ben mirado esto mesmo pode ser unha limpeza. Canto antes remate este  pesadelo das caixas, antes teremos que comezar a facer cousas normais:
Crear empresas con novas ideas
Deixar de chorar  e poñerse a traballar.
E se necesitamos un banco pois facémolo.
Pero tamén temos que  cambiar a clase política  se queremos e creemos no país; do contrario, deixemos de dar  pena e  cada  pau que aguante da súa vela porque bancos non van faltar, quén  nos compre o peixe e o leite tampouco, sempre que sexamos competitivos, ¿ou acaso un banco galego e as  industrias galegas garantizan que vaian ben proxectos inviables ou que nos compren os productos ainda que  non sexamos competitivos?
Mellor non...
O dito, meus amigos, para ter unha Caixa Galega nas máns destes dirixentes mediocres e de políticos incompetentes, mellor  non. Os que  lles deixaron barra libre, agora deberían ser os responsables de pagarlle aos preferentistas e  despois deberían, con toda xustiza, metelos no trullo acompañando a todos os directivos de semellantes inventos.
Síntoo moito polos traballadores da banca, pero que pechen canto antes. Xa fixeron moito mal, levan demasiado tempo ocupando espacio e engañando á xente con poucos recursos. Estes só serviron para tempos nos que ata os mais  burros facian reloxios pero  tan pronto lles veu a primeira aireada caeron, e de que maneira.
Insisto, adiante coa limpeza e se  renunciamos definitivamente a ter un país decente, pois tranquilos, xa todo esta feito; bancos hai e empresas tamen e  por min non vos preocupedes que se os cataláns non me  queren, adaptareime á situación, levo moito tempo facéndoo e aquí me tedes, ainda que  xa non vou ser  mais cómplice de máis inútiles e seguirei traballando na miña empresa e apoiando o nacemento doutra clase política que entenda á xenté normal e que diga e faga cousas normais. O “urogallo” pode que desapareza; eu tamén ei morrer pero a miña especie, estou convencido que está indo a máis.
Un amigo americano
Non quero entrar  en competencia desleal cos periodistas nin cos expertos sabelotodo dos programas das TV. Estas reflexións xurdíronme porque estiven nunhas conferencias para falar do futuro da caixa, onde parece que a mellor solución é que veña un amigo americano (fondos de inversión), para que a poña andar e despois nola devolva. Tamén se me ocurre a min o de  falar con Amancio Ortega para que en todas as tendas do seu grupo acondicione un cachiño para prestar servizos bancarios e financeiros, co cal xa temos a cobertura necesaria  a nivel mundial, unha vez que peche o tingladillo de Novagalicia banco, ou como se chame.
Pero se falla o “americano bueno” ou o noso Amancio, todos  tranquilos, quén nos colla os cartos non vai faltar, outra cousa distinta será o que van a facer con eles, ainda que o ten moi complicado para facelo peor que os actuais.
Por último fágome estas preguntas: Donde están os indignados que tanto ruido fixeron noutras horas? Pensan facer a revolución insultándose entre eles por internet? Cómo se pode permitir que nos roubaran mais de 70.000 millons de euros e non haxa ninguén na cadea? O desprestixio da política é tan grave que  xa só nos quedan os xuices? A que agarda a xenta “normal” para cambiar o seu voto e participar activamente na política? Ou prefiren unha dictadura dos mesmos que nos están atracando ou  é que estan pensando pasarse as armas para defenderse?
"Falar por falar"
Como nun programa que hai na radio titulado “Falar por falar”, se alguén ten a resposta que me axude.
Eu case son feliz pero teño sombras: o mundo que lles agarda aos meus fillos vai ser peor que o meu. Só me queda unha esperanza blanca representada por un negro americano ¡quén o diría!
Os rusos metidos na mafia e a esquerda europea tirándolles pedras os avión e nós mirando para outro lado como se non pasara nada
Bueno, esto é  o  que hai, sigamos tocando a pendeireta o mais  forte que se poida a ver se o persoal da sinais de despertar.
Que haxa sorte, que falta nos fai.
Cousas do Che de Cabanas.
Eu non coñecin o  Muru na revolución política e sindical; coñecino na vida cotiá. Nunca militamos na misma organización; él formaba parte da esquerda espoñolista e eu da nacionalista galega. Coñecino no ano 1979 porque coincidimos vivindo no mismo portal,  no Temple (Cambre). Deseguida os alcumamos co apodo de “os petos” por militaren no Partido do Traballo (PT).
Non tardamos en levarnos ben con o Muru e as súas mulleres, (Toni -a de verdade-, Mercedes, a cuñada, Rebeca, filla de Mercedes, e a tía Lela e mais sua irmá).  Luis e Toni estaban criando  a súa prole, como todos os demais veciños,  e  o Muru semellaba un taxista, carrrexando na sua tropa sen rechistar e con cara de boa xente. Él seguia na sua revolución sindicalista dos obreiros e na politica e eu no sindicalismo labrego e nas cooperativas; ali, naquela casa do Temple, naceron os seus fillos, Antía e  Joseba, e os nosos,  Cibrán e Paula.
Un bo dia enterámonos de que rematara a carreira de Dereito, e non tardaría en marcar un estilo propio defendendo aos traballadores dende o seu bufete, trocando éste polas fabricas e os andamios. Pouco tempo despois o Muru, que nunca era indeferente aos problemas do seu entorno, comezou a botarlle unha man no traballo á sua compañeira Toni para organizar a un dos colectivos máis vulnerables da sociedade, como son os enfermos mentais. Luis, sin pretender notoriedade, implícase tanto que rematou sendo o “alma mater” da asociación destes enfermos.
Por circunstancias da vida houbo un paréntese na nosa relación que, despois  dun tempo, voltamos a recuperar. Organizamos xantares para falarmos do mundo e das nosas vidas, ás que se incorporou, de vez en cando, o común amigo Benigno Sánchez. Luis falaba sin parar e encandilábanos coa sua palabra, pero non deixaba meter baza. Propuxenlle un trato: eu sentaríame  sempre en fronte del  e, a cada pouco, dáballe unha patadiña por debaixo da mesa para poder falar nós. Él baixaba a vista, poñía cara de santo, cruzaba os brazos e calaba. Case sempre, eu, en vez de utilizar o meu turno, dábame un ataque se risa e o Muru enganchaba de novo e nós voltabamos a disfrutar escoitando os proxectos para a Asociación e para rexenerar a política.
Luis, tiña a extraordinaria cualidade de ver algo positivo en tódolos seres humanos, sempre foi un home de esquerdas, pero  procuraba o mellor  de Fraga, Paco Vázquez,  Feijóo ou Negreira para tender pontes de colaboración e aproveitar a axuda que puidesen darlle. Era tal a súa capacidade de seducción que todos quedaban prendados da súa persoa.
Él, sempre mantivo a relación cos vellos amigos e coa tribu navarra, disposto a botar unha man e a deixarse querer.
O noso Luis Muruzábal, foi un home feliz e axudou a selo a todo o seu entorno. Deixanos  un legado de moito valor. Eu teño varios amigos cos que me une un grande amistade, pero él, ademais de amigo, sempre foi unha referencia. A súa coherencia persoal, familiar e social e a súa xenerosidade, obligabanme a reflexionar sobre o meu comportamento.
Durante a súa enfermidade vímonos con  frecuencia; él, en vez de poñerse a dar pena, seguía na militancia social e trataba de aproveitar as conversas para impulsar novos proxectos. Él sí que foi un emprendedor, e sen ánimo de lucro.
Foi un pracer ser amigo seu e seguilo sendo de Toni, Antía, Joseba, Mercedes…. De tal pau tal astilla: “os petos” do primeiro, resultaron ser unha xente maravillosa.
Bueno Luisito, ti, igual ca min nacemos na Idade Media  e vivimos unha vida moi intensa e longa, os teus 66 anos supón mais de 300, para un humano normal.
Donde queira que esteas sigue encandilando coa tua palabra e co teu traballo. Algún dia eu tamen irea para ahí, buscareite e recuperaremos as nosas tertulias, ti dirasme en que  proxectos estás metido e eu, depois de contarche as novas deste mundo, poreime a traballar contigo, porque de tí aprendin a ser feliz traballando para mellorar  calquera dos mundos nos que nos toque estar.
Amigo Luis, un forte abrazo e ata que nos vexamos.
O teu amigo Che Turnes.