Unha minza de cebola

Florencio García Goyena.
Florencio García Goyena.

A de Florencio García Goyena non sería mala máxima. Concilia lei e dereito, para os desafortunados tempos que corren. Porque, ademáis, hoxe en día non se trata polo común e por desgraza de simples “minucias”.

Aqueles que nos criamos aos peitos da renovación lexislativa do noso Dereito de finais do século XIX (nomeadamente do Dereito privado), e da súa traducción ao Dereito público do medio século XX, a chamada “década prodixiosa” do Dereito administrativo, movémonos en modo de “perplexidade xurídica”.

Por desgracia, hoxe en día todo encádrase no magma mental do indeterminado, dos tacticismos, dos conceptos difusos, da visión económica do Dereito e do esquecemento dos grandes principios que deberan informar o noso Ordenamento. O valor do Dereito está en baixa, diríase que en paralelo á prima de risco, que tamén fluctúa á baixa pola perda da confianza.

Son moitos os principios fundamentais do Dereito e os valores superiores do ordenamento xurídico que informan a vixente Constitución. Deles resulta difícil discrepar: a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político e, derivando de aí, unha orde social xusta, o imperio da lei, unha digna calidade de vida, unha democracia avanzada e a conveniencia dunha resolución dialogada dos problemas cotiáns. Isto incumbre tamén ás institucións e os axentes públicos, nomeadamente ás Administracións: “A Administración pública serve con obxectividade os intereses xerais  e actúa… con sometemento pleno á lei e mais ao Dereito”.

Este mandato constitucional concrétase, pois, no cumprimento da lei, mais tamén no respeto do Dereito. Qué e isto? Non só a lei, senón tamén o “Dereito”? Onde radica ese plus? A qué se refire a Constitución cando fala de “Dereito”? Por riba desta fórmula, tomada da Lei Fundamental de Bonn, e as conseguintes especulacións filosóficas iusnaturalistas, é obvio que a xustiza no exercicio das función públicas non se compón só da lei, do dereito estritamente positivizado, senón tamén doutro contido que non  está lonxano ao cumprimento do deber e o amor á xustiza. O respeto plural, a tendencia á igualdade, o equilibrio social… E non roubar!  Un contido moral? Chámelle quen quera como lle praza.

Florencio García Goyena, eminente xurísta navarro que foi alma da Comisión que redactou o Proxecto do Código Civil nos finais do XIX e que ocupou relevantes cargos políticos, cando, atacado cruelmente, tivo que dimitir, dixo ante o Senado:

“Se alguen sabe que, na miña longa carreira civil, percibín un maravedí máis que os soldos dos meus destinos ou un agasallo, por valor dunha “minza” de cebola, que o publique, e poñerei a miña cabeza nas mans do verdugo”.

Non sería esta mala máxima, que tan ben concilia lei e dereito, para os desafortunados tempos que corren. Porque, ademáis, hoxe en día non se trata polo común e por desgraza de simples “minucias”. @mundiario

Comentarios