Imprimir

Sesión solemne da Academia Xacobea no Real Monasterio de San Millán de la Cogolla

MUNDIARIO | 28 de julio de 2019

Xesús Palmou. / Mundiario
Xesús Palmou. / Mundiario
No Salón de la Lengua do Real Monasterio de San Millán de la Cogolla, o presidente da Academia, Xesús Palmou, disertou sobre o “Estatuto Legal del Peregrino a Santiago. Su protección a lo largo de la historia”.

 

A Academia Xacobea levou a cabo actos en La Rioja, os días 26 e 27 de xullo, invitada polo comisario do Ano Xubilar de Santo Domingo de la Calzada, Fernando Manrique López. O venres 26, o vicepresidente da Academia, Marcelino Agis, pronunciou unha conferencia titulada “El Padre Sarmiento, peregrino a Santiago. La peregrinación en el siglo XVIII”.

O sábado 27, no Salón de la Lengua do Real Monasterio de San Millán de la Cogolla, o presidente da Academia, Xesús Palmou, disertou sobre o “Estatuto Legal del Peregrino a Santiago. Su protección a lo largo de la historia”. A continuación, Pablo Figueroa Dorrego, falpu sobre “El hecho Jacobeo y el estado del bienestar”, e José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte e Académico, disertou sobre “Posibles estrategias de gestión cultural ante el próximo año Santo”.

O día 27, no mesmo Salón de la Lengua, a Academia Xacobea celebrou sesión solemne na que leron os discursos de ingreso como académicos: Gregoria Cavero Domínguez, catedrática de Historia Medieval da Universidade de León; Jesús Tanco Lerga, catedrático de Ciencias da Información da Universidade de Navarra e membro da Cátedra do Camiño de Santiago; Fernando Manrique López, catedrático de Dereito da Universidade de Deusto e comisario para o Ano Xubilar de Santo Domingo de la Calzada, e Germán Barreiro González, catedrático de Dereito da Universidade de León e ex-decano. Dou resposta conxunta a todos eles  a vicepresidenta da Academia Xacobea, María Josefa Sanz Fuentes, catedrática da Universidade de Oviedo. @mundiario

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/camino-de-santiago/sesion-solemne-da-academia-xacobea-real-monasterio-san-millan-cogolla/20190728220908159440.html


© 2020 MUNDIARIO

MUNDIARIO

Compañía Mundiario de Comunicación S.L.
© Todos los derechos reservados.