Presión ao Goberno do PP para que traballe pola recuperación do galego

Manifestación en defensa do galego. / Mundiario
Manifestación en defensa do galego. / Mundiario

O idioma propio de Galicia vese baixo mínimos. Un recente informe do Instituto Galego de Estatística revela que ata tres de cada catro rapaces falan sempre ou a miúdo en castelán.

Presión ao Goberno do PP para que traballe pola recuperación do galego

O idioma propio de Galicia vese baixo mínimos. Un recente informe do Instituto Galego de Estatística revela que ata tres de cada catro rapaces falan sempre ou a miúdo en castelán.

Varios milleiros de persoas -máis de 25.000 segundo a organización Queremos Galego- saíron á rúa en Santiago de Compostela en defensa do idioma propio de Galicia e contra a política lingüística da Xunta, baixo o lema Polas fillas dos nosos fillos. Entre as consignas: Na Galiza, en galego, Aínda que se molle, o galego non encolle e Da médica ao notario, en galego todo o ano.

"O Goberno do PP estase a encargar de desmontar a oficialidade formal que acadara o galego. [...] É o momento de actuar todos xuntos para repolo no lugar que lexitimamente lle corresponde", dixo o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Secundaron a protesta o Partido Socialista de Galicia, o Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega de Esquerda, Anova e o círculo local de Podemos.

A Real Academia Galega tamén vén de manifestar publicamente a súa fonda preocupación pola acción de goberno da Xunta en relación co galego.

Feijóo, preocupado
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde que o idioma galego é "útil" desde a Festa do Cocido de Lalín e asegura estar "preocupado" e "ocupado" en ver como parar a caída libre da lingua propia que revelan as estatísticas do seu goberno.
Un recente informe do Instituto Galego de Estatística revela que ata tres de cada catro rapaces falan sempre ou a miúdo en castelán.

 

Comentarios