Presentan un peche condicionado para Endesa en As Pontes: que levan e que deixan?

Central térmica de As Pontes. / Wikimedia Commons
Central térmica de As Pontes. / Wikimedia Commons
Endesa alimentou a multinacional de alúmina e aluminio para fabricar “tochos” que exportou e enviou electricidade aos mercados do centro da península. Os custos sociais da contaminación, o espolio e desprezo polo territorio, a débeda histórica ... pagámola os galegos coa connivencia da Administración.
Presentan un peche condicionado para Endesa en As Pontes: que levan e que deixan?

Este 27 de decembro Endesa presentou unha solicitude de peche para a central de carbón de As Pontes e nunha nota de prensa  di: “La profunda modificación de las condiciones de mercado por el incremento en el precio de los derechos de CO2 y la caída significativa del precio del gas ha llevado a que estas centrales (As Pontes y Carboneras en Almería)  hayan sufrido una importante falta de competitividad en la cobertura de la demanda de mercado, sin perspectiva de mejora Endesa garantizará el puesto de trabajo de los empleados de las dos plantas, 174 en el caso de As Pontes (A Coruña) y 113 en Carboneras (Almería), mediante un proceso de recolocación, así como medidas formativas y participación en el desmantelamiento. Endesa propone sustituir en Galicia los 1.468 MW térmicos de la central por 1.505 MW renovables en el periodo 2020-2026 (con una inversión de unos 1.580 millones de euros y la generación de unos 1.250 empleos directos de media anual en los 6 años de la fase de construcción y 125 en la de operación y mantenimiento).​ La compañía se reserva el derecho de desistimiento de esta petición, en su conjunto o parcialmente, en el supuesto de que, como consecuencia de las pruebas adicionales de combustión con distintas mezclas de combustible, tanto en la central de As Pontes como en la de Carboneras, que se realizarán en los próximos meses, pudieran variar los resultados y garantizar la viabilidad de las plantas”.

Que deixan atrás

1. Territorio conquistado.  Debemos lembrar que a consecuencia da explotación da mina por Endesa desaparecen principalmente por expropiación forzosa os seguintes lugares e aldeas habitadas: Alvariños, A Braña, A Regoña, Almigonde de Saá, Almigonde de Seoane, Almigonde de Espiñaredo, Carracedo, Casal, Castro da Uz, Cornas, Castiñeira, Carballal, Ferreira, Higoso, Illade, Laurentín, Mouros, Meizoso, Meidelo, O Seixo, O Val, Pazo, Pereiro, Pe do Monte, Ponte da Pedra, Ribeirón, Sumerio, Seoane, Seara,   Saá de Abaixo, Veiga, Veigas de Vila e Veiga de Goente.

Tamén se viron afectados parcialmente os lugares de: Alimpadoiros, A Banda, Congostras, Casilla de Espiñaredo, Grou, Piñeiro, Pena de Eiriz, Porto dos Frades, Penapurreira, Reboredo, Saá de Arriba, Vila e Vilavella. Asimesmo desaparecen outras construcciones de uso público, como igresias, cemiterios, lavadoiros, escolas, etc. E mesmo teñen que trasladar algunha ponte. 

En 1981 a poboación do Concello de As Pontes era de  11.027 habitantes, en 1986  chega a 13.371 , pero no ano 2018 so alcanza 10.237 habitantes. En novembro do 2019 tiña afiliados a Seguridade Social 4.143 traballadores e deles so 11 ao réxime agrario. A minería e a central térmica  non chegaron para frear a despoboación.

2. Espolio. Sábese que apareceron no xacemento de lignito restos fósiles tanto do Oligoceno superior como do Mioceno inferior  que pertencen a un período que abarca de 28,5 a 20,5 millóns de anos  de antigüidade e cunha diversidade moi grande: espículas de esponxas, moluscos gasterópodos liminicos,  bivalvos,  crustáceos, anfibios, peixes, reptis (restos con mandíbula e dentes de Diplocynodon sp.; restos de cocodrilidos e tartarugas)... asi como diatomeas, algas carofitas,  sementes,  froitos,  piñas... Preguntámonos en que Museo podemos velos ?.Onde están depositados ? Porqué se ocultan ou secuestran restos que permiten entender e interpretar o noso pasado?

3. Altas emisións. As Pontes é a industria máis contaminante de Galicia  e tamén a primeira do Estado Español, ocupando o posto número 17 na Unión Europea. As súas emisións (por unha cheminea de 356,5 m) son de gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes, gases que afectan a capa de ozono, partículas, metais pesados..  só son comparables a grandes xigantes contaminantes de Alemaña e Polonia e están moi por riba de calquera industria do Estado.

Os galegos sufrimos  durante anos problemas ambientais e choiva ácida causados pola emisión de miles de toneladas de dióxido de xofre/ano  (541.229  toneladas no ano 1992 ou 812.186 no ano 1985) e algo ou bastante  menos ao realizar a empresa varias modificacións impostas pola Normativa Europea – ver os cadros–. A pasividade gobernamental  e en concreto a autonómica respecto ao tema da contaminación foi sempre manifesta, tivo que vir a UE a aplicar nova lexislación máis ríxida para aminorar algo a contaminación.

A térmica de As Pontes queimaba máis de 12 millóns de toneladas/ano de lignito pardo dende a posta en funcionamento  ate mediados dos 90 e  dende esa data  para cumprir a lexislación vixente  mesturaba lignito e carbón de importación. No ano 2000 necesitaba 8,4 millóns de toneladas de lignito e 3,65 millóns de toneladas de hulla e hulla subituminosa. Posteriormente no 2007 ao  esgotarse a mina de lignito  utiliza hulla ou hulla e lignito negro,  no ano 2018 precisou 4,88 millóns de toneladas de hulla subituminosa e lignito negro.Emisións a atmósfera de Endesa. / Mundiario

Fixo algo Endesa por diminuír as emisións? Aparte de aplicar as Normativas Europeas en Galicia non foi sensible ao tema contaminación en ningún momento pero en Teruel nunha central térmica de lignito similar As Pontes si, ali en 1988 gasta 5.300 millóns de pts para  instalar un lavadoiro de 500 toneladas/hora de carbón  para eliminar o 40% das cinzas e o 31% do xofre do carbón, perdendo o 15% da enerxía do combustible tratado , pero a contaminación é moito menor .

Aquí dende a posta en marcha ate o 1996, a contaminación por choiva ácida foi moi elevada, o dióxido de xofre  produce danos agudos, crónicos e transitorios  nos ecosistemas.  A finais dos oitenta a contaminación atmosférica afectaba ao  81,4% do total provincial  da Coruña, véndose afectados tamén os concellos do norte de Lugo  e outros lugares de Galicia. O bosque autóctono  vese debilitado pola contaminación e moi afectado `por pragas  de fundos con intensidade ate agora descoñecida  no sur de Lugo ou interior de Pontevedra. A principios do 90 a choiva ácida dáse en 17 de 18 estacións de medida na provincia coruñesa con valores mínimos de pH 4.4  (cando o normal seria por riba de 5.6)  e  sobrepasase a carga critica en sulfatos  e nitratos. No verán do 1991 as néboas ácidas afectan a Guitiriz prexudicando piñeiros, cultivos, prados... pero  noutros momentos afectan tamén a  ecosistemas de Pontedeume, Betanzos, Muras, e en maior ou menor medida noutros lugares,  a produción  de pera,  cereixa ou ameixa dos anos setenta redúcese a menos da metade ou a terceira parte a principios dos noventa.

4. Alto beneficio. Ainda sen entrar en detalle económico, que deixo para os economistas, decir  que Endesa nas súas Memorias, cita que os beneficios económicos  no ano 1974 son de 721 millóns de pst, no 1977 de 893 millóns   e sorprendentemente no ano  1980  ascenden a 8.260 millóns de pts. Que suceso acontece entre 1977 e 1980 para que se multipliquen por nove os  beneficios anuais?. A explicación témola  na central térmica de lignito de As Pontes (1976-1979), a maior de Endesa. Aquí dos beneficios só quedan migallas (canto o 2%?) que contentan facilmente a alguén que se contenta con moi pouco.

En definitiva, todo para producir electricidade –As Pontes alimentou a multinacional americana de alúmina e  aluminio para fabricar “tochos” que exporta– ou para enviar electricidade aos mercados do centro da península. Os custos sociais da contaminación, o expolio e desprezo polo territorio, a débeda histórica ... pagámola os galegos coa connivencia da Administración. De confirmarse o peche, xa que é solo unha solicitude, o ano novo pode ser mellor no medio ambiente, na saúde  ainda que quede na atmosfera a pregunta:  Pagará a débeda  contraida? @mundiario

Comentarios