A pesar da Covid-19 rexístrase unha concentración récord de dióxido de carbono, segundo a ONU

Incendios en California. RR SS.
Incendios en California. / RR SS.
O tráfico terrestre e aéreo e a actividade industrial reduciuse pero o subministro de electricidade a partir de combustibles fósiles e os sistemas de calefacción seguiron funcionando e mesmo os incendios forestais afectaron neste ano a grandes áreas.
A pesar da Covid-19 rexístrase unha concentración récord de dióxido de carbono, segundo a ONU

Nun informe do 11 de maio, a ONU cita datos da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos Estados Unidos (NOAA) onde se mostra un aumento brusco dos niveis globais de dióxido de carbono (CO2). En abril do 2020  a concentración media de CO2 na atmósfera foi de 416,21 partes por millón (ppm) a máis alta dende que comenzaron as medicións  no ano 1958 en Hawai, aumentando en máis de 100 ppm dende ese ano.

Estes resultados poden sorprender a quen pensaban con optimismo que a Covid-19 reduciría as emisións globais totais. O tráfico terrestre e aéreo e a actividade industrial reduciuse drasticamente na maioría das partes do mundo dende principios de ano pero o subministro de electricidade a partir de combustibles fósiles – carbón, petróleo, gas..– e os sistemas de calefacción  seguiron funcionando como antes do Covid-19 e mesmo os incendios forestais afectaron neste ano a grandes áreas de Brasil, Honduras, Tailandia, Venezuela... emitindo grandes cantidades de CO2. 

Estamos acostumados ultimamente a ver estudos e noticias que apuntan a que “diminuíu a contaminación” nas cidades, grazas ao confinamento. Pero a realidade parece ser que diminuíron localmente os compostos de nitróxeno  e incluso algo as partículas,  pero a contaminación global  e en concreto o cambio climático  e   emisións de dióxido de carbono parece que non se viron  afectadas. Temos que ter en conta que moitos contaminantes  que se emiten a atmosfera non desaparecen en días, semanas, nin nos meses seguintes. 

Aquí , acertadamente, o Estado trata de cumprir para baixar as emisións de efecto invernadoiro e seguir os Acordos Internacionais, pero no conxunto do planeta os grandes países emisores vólvense insensibles ao tema ambiental – que tamén é económico e social– e os maiores emisores con  China  a cabeza, 27% das emisións totais,  Estados Unidos 15%, India 7%, Rusia 5% , Xapón 3% ... actúan  como si non existise problema algún, o cambio climático  non parece figurar na súa axenda diaria.  

China comprometerase no 2009 en Copenhaguen  para chegar ao 2020 reducindo  as emisións ate nun 45% (con respecto dos niveis do 2005)  pero na actualidade aínda está lonxe de alcanzar o obxectivo citado.  Estados Unidos, pechou plantas de carbón  os últimos anos pero non conseguiu reducir as emisións  e incluso saíuse do Acordo de Paris, en novembro do 2019,  e relaxou normas regulatorias para os límites de emisíon de gases invernadoiro. Outros moitos países como Brasil, México... difícilmente van cumprir os seus obxectivos. @mundiario

Comentarios