Os parques eólicos non están de confinamento

Parques eólicos. / Mundiario
Parques eólicos. / Mundiario
Da a impresión de que interesa que as eléctricas sigan ganando e exportando electricidade de Galiza. Sempre que se goberne beneficiando a este tipo de empresas, estas recompensarán xenerosamente a destacados membros da Administración, reservando no futuro postos cualificados e ben remunerados.
Os parques eólicos non están de confinamento

Que está sucedendo cos parques eólicos? Diversos medios de comunicación difundían a finais de abril e principios de maio os seguintes titulares:  “Eólica en Galicia, Greenalia e Green Capital teñen 19 parques eólicos en trámite”, “Febre eólica: someten 15 parques a avaliación ambiental desde marzo”, “A Deputación de A Coruña acorda pedirlle a Xunta unha reforma do Plan sectorial eólico”, “O Pleno da Deputación solicita que se paralicen os eólicos de Ordes”... 

Parece que dende febreiro do 2020 a finais de abril a Consellería de Medio Ambiente publicou o inicio de tramitación ambiental dun total de 19 parques eólicos na Galiza, que representan 116 aeroxeradores de considerable altura (ate 132 m)  e 526 megawatios de potencia. Entre eles os parques en Aranga, Vilasantar, Arteixo, Laracha, Culleredo , Coristanco, Cabana de Bergantiños, Ordes, Mesía, Mazaricos, Outes... Deles 13 parques publicados en pleno confinamento e a maior parte deles redactados o pasado o mes de marzo. Os medios tamén citan a  empresa Greenalia como unha das principais promotoras con un total de 12 parques, empresa que curiosamente fichou recentemente a ex conselleira de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente e excandidata do PP na Coruña, Beatriz Mato, como directora de desenvolvemento corporativo. Aparte de Greenalia, sete parques están promovidos por a empresa Green Capital Power  que controlan familiares do presidente de ACS.

Dende marzo a finais de abril  non so se presentan parques a Xunta senon que tamén  ante o Ministerio de Medio Ambiente como os  parques eólicos de Berdoias  (Vimianzo-Muxía)  e no entorno de Ordes (Tornado, Orzar e Pedrabante) , todos con grandes aeroxeradores que oscilan entre 107 e 132 m de alto. Nos dous últimos años rexistráronse para a sua tramitación no Goberno de Galicia ou de España 14 proxectos para parques eólicos a instalar na comarca de Ordes. A oposición a estes e a outros  parques é por múltiples causas: distancia mínima as vivendas,  por  querer instalarse nunha zona de “especial interese agrario” –afectaría e pon en perigo centos de explotacións agrarias e gandeiras e postos de traballo–, aparte da problemática na  paisaxe, o patrimonio, o ambiente... e como non polo ínfimo aporte económico que deixan na comunidade.

A situación de proxectos eólicos e tan apremiante que non so están en contra dos proxectos asociacións de veciños, grupos de defensa ecolóxica... a mesma  Deputación de A Coruña aprobou recentemente  unha moción, que non foi secundada polo PP, para solidarizarse cos veciños e  para que os parques eólicos sexan respectuosos co entorno, acordando reclamarlle a  Xunta de Galicia unha reforma do Plan Sectorial Eólico. 

Aínda no confinamento o gran negocio eólico está a alta velocidade,  apúranse as empresas  tomando posicións e como Galiza ten vento de primeira, para asegurar a posición adquiriron políticas/os de altura. Asi garanten na administración que os proxectos vaian adiante e os impactos nunca se vexan,  o que interesa é que as eléctricas sigan ganando e exportando electricidade de Galiza. Sempre que se goberne beneficiando as empresas, estas recompensarán xenerosamente a destacados membros da Administración reservando e asegurando no futuro un posto cualificado e ben remunerado a algúns. 

Por si fora pouco, o Goberno e as eléctricas fan campaña co “verde”: no 2019 a enerxía eólica na Galiza representaba un “récord” co 47% da demanda   e  case 8.700 Gwh. Cal foi o custo social? Canto o beneficio económico que deixan no país? Canto o que levan ? Existen outros modos e alternativas? Seguro que sí. @mundiario

Comentarios