Pandemia global: fallouse na fase de alerta do coronavirus?

Logo de la Organización Mundial de la Salud (OMS). / Mundiario
Logo da Organización Mundial da Saúde (OMS). / Mundiario

A OMS declara o brote de coronavirus pandemia global. O director xeral da organización afirma que está preocupado polos "niveis alarmantes de propagación" do virus.

Pandemia global: fallouse na fase de alerta do coronavirus?

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS) informou hoxe de que os elevados casos de contaxio do novo coronavirus  pasaron a calificar de pandemia o brote. A decisión individual nunha crise sanitaria como a provocada polo coronavirus é case tan importante como as decisións que poden tomar os gobernos.  A esta conclusión chegan  varios investigadores  e  ex-asesores da OMS  e dos Gobernos de Inglaterra e Países Baixos nun artigo publicado na revista médica británica The Lancet o 9 de marzo (How will country-based mitigación measures influence the course of the COVID-19 epidemic ?) cando analizan como influirán as medidas de mitigación no curso da epidemia  do Covid-19 . 

Esta conclusión é moi importante  xa que a decisión individual a resaltar que  toma a poboación aquí parece ter relación con mercar mascarillas e acaparar viveres de primeira necesidade dos supermercados para ter na casa  por si  dende a administración deciden  que debemos quedar algúns días illados nas vivendas. Individualmente sempre quedan outras medidas, a gran maioría de sentido común e comúns a outras enfermidades infecciosas/gripes. Medidas  que aconsellan non viaxar a zonas de risco – seguiron viaxando a Italia ate  a semana pasada- , nin  eludir os controis sanitarios,  nin  escapar dun país pechado - como de Italia a outro país vía Austria - . Neste caso saltarse as recomendacións sanitarias  aínda que un considere que está san pode levar a problemas maiores a outras persoas e a comunidade,...

No artigo citado preséntanse varias incógnitas ou incertezas importantes sobre Covid-19   entre elas  a taxa de letalidade, a infecciosidade  e a cantidade de casos asintomáticos. As estimacións suxiren que aproximadamente o 80% das persoas con Covid-19 teñen enfermidade leve ou asintomática, o 14% teñen enfermidade grave e o 6% está gravemente enfermo. O que implica que o control baseado nos síntomas é pouco probable que sexa suficiente a menos que estes casos sexan so lixeiramente infecciosos. 

Fallou a fase de alerta?

A OMS consideraba o luns 9 de marzo, como “moi real” a ameaza dunha pandemia global e xa  recoñecía a actual epidemia de coronavirus Covid-19 como “unha epidemia desigual a nivel mundial”, dous días despois  declaraba o brote de coronavirus como Pandemia Global.  Pero a pregunta que nos podemos facer está no aire ¿Puido fallar a fase de alerta  en China ? Puideron fallar despois as medidas idóneas a tomar  en Italia, España e nas mesmas autonomías?.

Cando un novo  virus ou subtipo de virus se detecta  nos seres humanos ábrese unha  fase de alerta , que se caracteriza  por un aumento da vixilancia e avaliación de riscos a nivel local, nacional, estatal ou mundial.  Si as avaliacóns de risco indican que o novo virus no se está convertendo nunha cepa pandémica, pode camiñarse cara a fase interpandémica e volver a normalidade, do contrario deben adoptarse rápidas e serias medidas. Foi este o caso? :

> Decembro 2019. Rexistrase na cidade China de Wuham  un brote de enfermidade respiratoria (pneumonia)  causado por un axente non identificado. Descoñecemos a data dos primeiros enfermos    pero a principios de  decembro  existían os primeiros síntomas  da enfermidade. 

> 31 de Decembro 2019.  China  envía un Informe sobre a situación sanitaria  a OMS .

>  22 de Xaneiro. China entende que ten un problema sanitario grave  e toma medidas extraordinarias como clausurar os medios de transporte, prohibir a saída de cidadáns  de Wuham ou pedir a poboación que se peche na sua vivenda. Tardou  demasiado tempo ? . Pensemos que tan so unhas horas ou días son decisivos nos procesos infecciosos, varias semanas  son un despropósito. 

> 22 e 23 de Xaneiro. Reúnese o Comité  de Emerxencias da OMS e descarta finalmente declarar “emerxencia de saúde pública de interese internacional”.

> 30 de Xaneiro. A OMS decide declarar finalmente “emerxencia de saúde pública de interese internacional”. 

Si en decembro do 2019 e a principios do 2020 a comunidade científica  non sabia nada deste coronavirus , a finais de xaneiro e no mes de febreiro  xa se logrou illalo, secuencialo, identificalo e desenvolver probas para diagnosticalo.

En febreiro confirmase a primeira morte por coronavirus en Europa,  a enfermidade afecta a 83.000 persoas en 50 países  e a finais de mes en Italia o coronavirus  afecta a mais de 800 personas especialmente nas zonas industriais do norte pero casos illados tamén no sur. En marzo  dende Italia principalmente expándese  a enfermidade  e chega a todos os países da UE como unha mancha de aceite. Mentres que en China aínda hoxe seguen buscando en Wuham a orixe do brote porque so coñecen por  onde se propagou. 

En España  a principios de marzo, o  director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias  nun intento de tranquilizar  afirmaba que estabamos nunha situación de contención e non de alerta - pese a que se dera un goteo de casos-  e o propio Ministerio de Sanidade recoñecía que a situación podía evolucionar con rapidez. Hoxe con máis de 2.100 casos evolucionamos con pouco control.  Podemos preguntarnos :  Adoptáronse medidas  para garantir que non entrase o coronavirus a España? Si as medidas individuais non foron as correctas, foron correctas as medidas gubernamentais en fronteiras, aduanas, transportes, turismo... nos meses que seguen a infección en China ? . Quiza descansaran dous meses pensando que temos unha boa sanidade e so se necesitaba información que daban ao momento. Agora non queda máis remedio que apurar medidas. Pero  sorprende e parece inxustificado que non funcionaran alertas  adecuadas para impermeabilizar fronteiras e impedir  a entrada de enfermos  con coronavirus  dende outros países que propaguen e extendan a enfermidade? 

A globalización non é o que parecía, nin tampouco é so economía. Mal de moitos... @mundiario

Coronavirus de Wuhan.

Coronavirus. / RR SS

Que é o coronavirus?

Os coronavirus,  como calquera virus,  secuestra a maquinaria da célula para reproducirse, presenta  en aparencia unha pequena “coroa solar “ na superficie externa da envoltura e  teñen un xenoma de unha única fibra de ARN – material xenético con ácido ribonucleico–. O ARN destes virus é moi similar ao ARNm humano (ARN mensaxeiro), e esta similitude permítelle unha vez que penetrou no interior da célula entrar facilmente na maquinaria celular humana  e en concreto nos ribosomas. Aquí o ARN viral terá unha dobre función, por un lado formará  moitas copias novas de ácidos nucleicos (ARN)  e por outro formará  cubertas esféricas de proteínas con aspecto externo de coroa,  cando o ARN  se recubre coa cuberta  da lugar a novos virus  que saen ao exterior quedando destruída a célula.

Ate agora  de 39 especies de coronarios rexistradas, coñecíanse 6  especies  que tiñan reservorio en animais (mamíferos, aves...) e podían pasar e infectar a humanos , catro deles so causaban un arrefriado común. Este novo coronarios Covid-19 causante dos problemas actuais descuberto na cidade China de Wuham  en decembro do 2019  xunto con outros dous son os mais virulentos e ademais de afectar as vías respiratorias superiores e inferiores poden  causar pneumonías  pulmonares e implican problemas renais e a mesma morte.

O SRAS – síndrome respiratorio agudo grave- descuberto en Guandong (China)  no 2002, causou epidemia e propagouse a máis de 30 países no 2003  cunha taxa de letalidade do 10%.  O MERS – síndrome respiratorio de Oriente Medio descuberto no 2012 e con casos en 27 países  presentaba unha taxa de  mortalidade do 35% e o recente coronavirus denominado primeiro 2019 nCoV  e posteriormente  Covid-19 presenta un período de incubación de 5 ou 6 días (segundo os autores en The Lancet) e unha tasa de letalidade relativamente baixa (0,3- 1% ) comparada cos anteriores mencionados, pero afecta xa a 100 países aínda que dos 80.000 casos reportados en China, máis do 70% recuperáronse e xa foron dados de alta.

O coronavirus da epidemia iniciada en Wuhan nomeouse oficialmente pola OMS como virus SARS-CoV-2 debido a sua similitude co virus que no 2003 causou unha epidemia de SARS. A enfermidade  denominase Covid-19, causada polo virus SARS-CoV2 .  Transmítise de forma aérea ao tusir ou esbirrar, e ao tocarse (ollos, nariz, boca  poden recollelo si se estivo en contracto con el).  Cada persoa infectada pode contaminar a 2 ou 3, pero algunha persoa pode contaxiar ate a 16. Frotis de nariz, garganta  ou farinxe poden detectar a enfermidade. @mundiario

Comentarios