Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: a xenofobia

Las manos del mundo / O Sekoer, Bélgica
As mans do mundo / O Sekoer, Bélgica
A cultura da discriminación incúlcase en moitos eidos dun Estado. Tal práctica criminaliza os valores humanos universais.
Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: a xenofobia

De onde xorde ese medo ao diferente que crea prexuízos que fan cultura? Nunha familia de iguais, da noción individual sempre hai diferenzas, mais, na meirande parte dos casos, autorreprímese en pos da estabilidade (mesmo económica).

O desexo de posesión e a noción de patria conteñen as paixóns dos xenófobos, de xeito que defenden os seus fogares (o seu estátus) mediante a persecución e aniquilación do rival que anceia un porvir.

En ámbitos competitivos, cómpre ter unha base sólida para non ser excluído, de xeito que o primeiro paso para o xulgamento é o físico (cuestión de raza); depois, a ideoloxía (o baseamento da vontade do traballo), xaora, o rival pesquisa a seguranza do inimigo: unha familia forte, o exército da súa patria, un patrimonio plausíbel, e que os principios que se defendan identitariamente teñan a súa institución no Estado.

A xenofobia é cultura, xa que naturalmente é patente que todas as persoas teñen igualdade de condicións e a mesma sorte (as mesmas posibilidades) nunha sociedade.

A cultura da discriminación incúlcase en moitos eidos dun Estado. Tal práctica criminaliza os valores humanos universais e predispón ás guerras, a marxinación, a inxustiza, a destrución e o asasinato de inocentes (como a inocencia dunha conciencia que se reprime). @mundiario

Comentarios